Dinoflaxelados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 72:
 
== Endosimbiontes ==
A maioría das [[zooxantela]]s son dinoflaxelados. A asociación entre dinoflaxelados e os [[Coral (animal)|corais]] de arrecife é moi coñecida, pero os endosimbiontes dinofaxelados viven nun gran número doutros invertebrados e protistas, por exemplo moitas [[anemoneactiniarios|anemones]]s, [[augamar]]es, [[nudibranquio]]s, e a ameixa xigante ''[[Tridacna]]'', e en varias especies de [[radiolarios]] e [[foraminífero]]s. <ref>Trench, R. K. 1997. Diversity of symbiotic dinoflagellates and the evolution of microalgal-invertebrate symbioses. In Lessios, H. A., and I. G. MacIntyre eds. Proceedings of the eighth international coral reef symposium 2:1275-1286. Smithsonian Tropical Research Institute, Balboa, Panama.</ref> Moitos dos dinoflaxelados existentes son [[parasito]]s (aquí definidos como organismos que comen a súa presa desde o interior, é dicir, [[endoparasito]]s, ou que permanecen unidos ás súas presas durante longos períodos de tempo, é dicir, [[ectoparasito]]s). Poden parasitar hóspedes animais ou protistas. ''Protoodinium'', ''Crepidoodinium'', ''Piscinoodinium'' (ou ''Oodinium'') e ''Blastodinium'' reteñen os seus [[plasto]]s mentres se alimentan nos seus hóspedes peixes ou zooplanctónicos. Na maioría dos dinoflaxelados parasitos o estadio infectivo parécese a unha célula móbil típica de dinoflaxelado.
 
== Modo de alimentación ==