Carlomagno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Syum90 (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 193.144.97.37 (conversa); cambiado á última versión feita por Servando2
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 13:
Carlomán morreu o [[5 de decembro]] de [[771]], deixando a Carlomagno como líder dun reino franco reunificado. Carlomagno estivo envolvido constantemente en batallas durante o seu reinado.
 
Conquistou a [[Saxonia]] no [[século VIII]], un obxectivo que foi o soño inalcanzábel de [[Augusto]]. Foron necesarios máis de dezaoito batallas para que Carlomagno conseguise esta vitoria definitiva. A primeira foi a toma de Eresburgo, á que seguiu a corta da árbore sacra dos saxóns (Irminsul) Procedeu á conversión forzada ao catolicismo dos pobos conquistados, masacrando os que se recusaban a converterse. No [[782]] perpetrouse a matanza de Verden der Aller, unha execución en masa de campesiños saxóns rebeldes. A creación das dioceses de [[Maguncia]] e [[Colonia, Alemaña|Colonia]] supón un pulo organizado á cristianización dos xermanos, a través dunha rede de bispados sufragáneos. Mediante a ''Lex saxonum'' busca unha síntese entre os dereito franco e os costumes saxóns.
 
=== Conquista do reino longobardo ===
O rei [[Desiderio]] buscou neutralizar a influencia franca en Italia casando á súa filla con Carlomagno. Pero este non deixou por iso de acudir á petición de protección do Papa [[Hadrián I, papa|Hadrián I]]. Iniciou unha campaña no norte de Italia que culminou coa toma de [[Pavía]]. Desiderio renunciou ao seu trono que foi incorporado ao reino franco ([[774]]). Carlomagno proclámase rei dos francos e longobardos e asume a defensa dos nacentes estados pontificios.
 
=== Guerras contra os eslavos ===
No leste, sucesivas victorias fan tributarios a pobos eslavos como os wilzos, sorabos e checos. Así mesmo, suprime o ducado hereditario de [[Baviera]]. Tras os ataques dos avaros, emprende contra eles sucesivas campañas que supoñen a destrucción das súas fortalezas e o seu sometemento definitivo. A través do arcebispado de [[Salzburgo]], procédese á evanxelización destes pobos.
 
=== A marca hispánica ===
Carlomagno realizou unha importante campaña alén dos Pireneos que supuxo a toma de [[Pamplona]] e o sitio de [[Zaragoza]]. Consolidou unha fronteira fronte aos árabes españois que sería a orixe do [[Condado de Barcelona]] e o [[Reino de Navarra]] en territorio vascón latinizado. Ao regreso, os vascos infrinxiron unha derrota ao exército franco na [[batalla de Roncesvales]]. Esta deu orixe á Chanson de Rolando. Esta expansión pola Península Ibérica tivo o seu eco no recoñecemento por parte do Occidente cristián do illado [[Reino de Galicia|reino galaico-astur]] de [[Afonso II o Casto]].
 
Liña 29:
Mediante o Tratado de Aquisgrán entre Carlomagno e o emperador de [[Bizancio]] [[Miguel I Rangabé|Miguel I]], aquel foi recoñecido como emperador a cambio de recoñecer o poder bizantino sobre [[Venecia]] e [[Dalmacia]].
 
=== Sistema monetario ===
Continuando as reformas iniciadas polo seu pai, Carlomagno avanzou cun sistema monetario baseado no [[soldo (moeda)|soldo]] de ouro -procedemento seguido tamén polo rei [[Offa de Mercia]]-. Instituíu un novo patrón monetario a partir de unidades de medida como a [[libra (moeda)|libra]] e o propio soldo que eran, até a data, só unidades de medida (só o ''[[denier]]'' se mantivo como unha das moedas do seu dominio). Nótese que o sistema monetario inglés antes da decimalización ten semellanzas con este: efectivamente, a [[libra inglesa]] (''pound'') valía 20 ''[[xelin]]s'' (analogamente aos [[soldo (moeda)|soldos]] de Carlomagno) ou 240 ''[[penny|pence]]'' (de forma semellante aos ''deniers'' instituídos por este emperador).
 
Carlomagno aplicou este sistema a unha grande parte do continente europeo, mentres que o patrón de Offa foi voluntariamente adoptado pola maior parte do territorio [[Inglaterra|inglés]].
 
=== Organización do Imperio ===
Organízase a corte imperial, o tribunal palatino e a chancelería. Consolídase a administración condal e as súas asembleas de homes libres baixo a supervisión dos ''Missi Domici'' ou enviados do emperador. Dirixe a casa real o camarlengo. O emperador ten plena potestade para chamar ás armas e impartir xustiza e presidir sínodos eclesiásticos e nomea bispos e abades. Funda a ''Schola Palatina'' a onde trae sabios de toda Europa. Pon ao fronte da mesma ao eclesiástico [[Alcuino de York]] que da pulos a un renacemento cultural. O emperador impulsa tamén o labor formativo e caritativo dos mosteiros.
 
Liña 46:
Por medio das súas [[conquista]]s exteriores e as reformas internas, contribuíu a definir o que logo sería a Europa occidental.
 
== Descendentes ==
{|style="width:100%"
|[[Ficheiro:Karl Martell.JPG|miniatura|175px|esquerda|<center>Carlos Martel, sarcófago</center>]]
Liña 92:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.artehistoria.com/historia/personajes/4405.htm ArteHistoria.com] {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Emperadores do Sacro Imperio Xermánico]]