Diferenzas entre revisións de «Harún al-Rashid»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
[[Ficheiro:Harun Al-Rashid and the World of the Thousand and One Nights.jpg|miniatura|280px|Harún al-Rashid no ''Mundo das Mil e unha Noites''. Miniatura árabe que representa ao califa.]]
 
'''Harún al-Rashid''' <ref>Tamén transcrito '''Hārūn al-Rashīd''', '''Haroun ar-Rachid''', '''Harun al-Raschid''', '''Haroon al Rasheed''' ou '''Harun al-Rashid''' [tamén '''Harune Arraxide'''], entre outras formas acordes coas fonéticas francesa, alemá, inglesa e portuguesa.</ref> (en [[lingua árabe|árabe]] '''هارون الرشيد''', ''Aarón o Xusto'', [[Rayy]], [[Persia]], [[17 de marzo]] de ca. [[766]] - [[Tus]], [[24 de marzo]] de [[809]]) foi o quinto e máis famoso [[califa]] da dinastía [[abasí]] de [[Bagdad]]. Gobernou desde o 14 de setembro de [[786]] até a súa morte.
 
No seu reinado o [[Califato Abbasí|califato abasí]] chegou ao cumio do seu poderío, un período de excepcional esplendor cultural, científico e económico.
A súa fama e poderío foron inmortalizados en ''[[As mil e unha noites]]'', onde el, a súa esposa [[Zobeida]] e varios dos seus cortesáns protagonizan numerosas historias.
 
== Vida ==
[[Ficheiro:Abbasid Caliphate most extant.png|miniatura|esquerda|280px|O Califato abasí (en cor verde clara e escura) na súa máxima extensión, contra o ano 850. Os territiorios en verde escuro ([[Al-Ándalus]]) perdéronse cedo.]]
[[Ficheiro:Harun-Charlemagne.jpg|miniatura|esquerda|280px|Harun al-Rashid recibe a unha delegación de [[Carlomagno]].]]
Descoñécese a data exacta do seu nacemento,<ref>Kennedy, Hugh (2008): ''La corte de los califas.'' Barcelona: Crítica, páx. 78. (Kennedy cita a:Abbott, Nabia (1946): ''Two Queens of Baghdad'', University of Chicago Press (segunda impresión, Al Saqi, Londres, 1986), páxs. 23-24.</ref> que podería ser en calquera momento entre os anos 763 e 767, aínda que aparentemente o máis probábel é que ocorrera en 766.
 
É seguro, en cambio, que tanto Harún como o seu irmán maior Musa, o futuro califa [[al-Hadi]]), naceron en Rayy (localidade ao sur da moderna [[Teherán]]), onde seu pai residía como vicerrei da zona oriental do califato.<ref>Kennedy, Hugh, ''Op. cit.'' páxs. 38 e 78.</ref>
 
O seu primeiro acto público de relevancia foi acompañar ao seu pai nunha [[peregrinación]] ás cidades santas de [[A Meca]] e [[Medina]], no outono de [[777]].<ref>Kennedy, Hugh. ''Op.cit.'' páx. 79.</ref> Pouco despois, se lle asignou como titor a Yahya ibn Khalid ibn Barmak (Yahya el Barmací), un experimentado funcionario e amigo íntimo da familia real, quen chegou a desempeñar un rol de verdadeiro pai na vida de Harún.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páx. 80.</ref>
Ademais da súa viaxe de 777, xa sendo califa Harún realizou oito peregrinacións á Meca, nos anos 787, 790, 791, 794, 796, 798, 802 e 804.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páx. 94.</ref>
 
== Morte ==
[[Ficheiro:IranOldProvinceKhorasan.png|miniatura|250px|Siuación da [[provincia de Khorasán]], hoxe no [[Irán]].]]
 
Foi sepultado na casa de campo na que se instalara.<ref>Kennedy, Hugh. ''Op. cit.'', páx. 117.</ref>
 
== Referencias culturais ==
=== Literatura ===
 
* Harún al-Rashid é a figura principal en varias historias de ''[[As mil e unha noites]]''.
* A historia dunha das viaxes de Harún proporciona o clímax do xogo de títulos e o final da novela de [[Italo Calvino]] ''[[Se unha noite de inverno un viaxeiro]]'' (''Se una notte d'inverno un viaggiatore''), 1979.
 
* Os dous protagonistas da novela ''Haroun and the Sea of Stories'' de [[Salman Rushdie]] (1990) son Harún e o seu irmán Rashid Khalifa.
 
* Nas ''The Sten Chronicles'', novelas de ciencia ficción de [[Allan Cole]] e [[Chris Bunch]], o personaxe do Emperador Eterno usa o nome "H. E. Raschid" como sinónimo; isto confírmase, no derradeiro libro da serie, cunha referencia do personaxe [[Richard Francis Burton|Burton]] á tradución do ''Libro das mil e unha noites''.
* Na novela de aventuras ''[[Os fillos do capitán Grant]]'' de [[Jules Verne]], Jacques Paganel conta "unha pequena historia árabe" dun "fillo do grande Harún-al-Raschid."
 
=== Filmes ===
 
* A película ''[[The Golden Blade]]'' (1952), protagonizada por [[Rock Hudson]] e [[Piper Laurie]] describe as aventuras de ''Harún'' o cal usa a [[espada máxica]] cintra Jafar, o perverso usurpador do trono. Finalmente consigue a man da princesa Khairuzan.
 
=== Cómics ===
 
* O libro humorístico ''[[The Sandman (DC Comics Modern Age)|The Sandman]]'' inclúe una historia (a nº 50, "Ramadan") situada no mundo das ''Noites de Arabia'', das que Harún al-Rashid é o protagonista.
* Harún aparece no nº 5 da chilena colección de revistas gráficas ''Mampato'', titulado "Bromisnar de Bagdad" <ref>[http://www.mampato.aviacion.cl/LibrosMampato.htm Libros Mampato]</ref>
 
=== Videoxogos ===
 
* Harún al-Rashid aparece como o líder de Arabia no videoxogo ''[[Civilization 5]]''.
 
=== Outros ===
 
O futuro presidente dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] [[Theodore Roosevelt]], cando era o ''Comisionado do Departamento de Policía de Nova York'', era alcumado nos periódicos locais como "Haroun-al-Roosevelt" polo seu hábito de pasear en solitario polas rúas de [[Manhattan]] para, subrepticiamente, ''cahar'' aos policías fóra dos seus postos. (Nas mil e unha noites, Harún al-Rashid percorría de noite as rúas de [[Bagdad]] vestido de mercader para observar a vida das xentes).
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamém ==
{{commonscat|Harun al-Rashid}}
=== Bibliografía ===
* Clot, André (1990): ''Harun Al-Rashid and the Age of a Thousand and One Nights''. New Amsterdam Books. ISBN 0941533654 0-941533-65-4
* Kennedy, Hugh (2008): ''La corte de los califas.'' Barcelona: Crítica. ISBN 978-84-8432-974-9
* [[Tabari|al-Tabari]] (2001): ''La Chronique: Histoire des prophètes et des rois''. Volume II, ''L’âge d’or des Abbassides''. (Tradución do persa por Hermann Zotenberg). Actes Sud / Sindbad. ISBN 978-27422-733187427-3318-7
 
=== Outros artigos ===
* [[As mil e unha noites]].
* [[Abasí]].
 
{{sucesión | título = [[Califato Abbasí|Califa abasí de Bagdad]]| predecesor =[[Al-Hadi]]| sucesor = [[Al-Amin]] | período = 786–809}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Califas]]
385.528

edicións