Mauregato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe e arranxiños
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Mauregato''', finado en [[Pravia]] no ano [[789]], foi ''princeps'' (título similar ao de rei ou gobernante) de parte da [[reino de Galiza|Galicia altomedieval]] entre os anos [[783]] e [[789]].
 
== Traxectoria ==
Pola etimoloxía do seu nome, algúns autores cren que era fillo bastardo do rei [[Afonso I de Asturias|Afonso I]] e dunha muller de crenzas musulmás. Logo da morte do rei [[Silo (rei)|Silo]], no [[783]], foi electo sucesor o aínda mozo Afonso (o futuro [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]]), que protexía a raíña [[Adosinda (raíña)|Adosinda]], viúva de Silo. Mais Mauregato, apoiado por unha parte da nobreza, organizou unha forte oposición que callou no retiro de Afonso para [[Álava]].
 
Liña 9:
{{cita|Debería interpretarse como parte da ''damnatio memoriae'' emprendida contra [[Silo (rei)|Silo]], Mauregato e [[Vermudo I]], cuxa causa non estriba en absoluto nas boas relacións cos musulmáns, pois estas foron se cadra aínda máis intensas en épocas posteriores e por parte de monarcas supostamente ''reconquistadores'', senón no simple feito de ditos "reis" obstaculizaren o ascenso ao trono de Afonso II, personaxe claramente favorito da construción historiográfica do ciclo de [[Afonso III o Magno|Afonso III]] e os seus continuadores<ref>López Carreira, A. ''O reino medieval de Galicia''. Edicións A Nosa Terra, 2005, páxina 178</ref>.}}
 
=== O Adopcionismo ===
As fontes históricas apenas informan sobre o seu reinado. O acontecemento máis salientábel estivo constituído polas disputas orixinadas polo espallamento da doutrina [[adopcionismo|adopcionista]], que sostiña nesta altura o bispo de [[Toledo]], [[Elipando]]. A ortodoxia foi defendida polo monxe [[Beato de Liébana|Beato]], residente nun mosteiro do val de [[Liébana]], na actual [[Cantabria]]. O problema levaría á intervención do clero carolinxio, en anos posteriores xa ao reinado de Mauregato.
 
=== O tributo das cen doncelas ===
Segundo algunhas fontes, vencelladas con Afonso III, Mauregato tería conseguido o trono mercé ó apoio que recibiu do [[emir]] de [[Al-Andalus]], [[Abd ar-Rahman I]], a cambio dun tributo anual, a render en [[Córdoba, España|Córdoba]], e consistente en 100 mozas. Este feito, lendario, é coñecido como o "''[[tributo das cen doncelas]]''", e cuxo pago se tería conservado até o ano [[844]]. Neste ano a suposta [[batalla de Clavijo]], tamén lendaria, gañada polo rei [[Ramiro I de Asturias|Ramiro I]], sobre o emir [[Abd ar-Rahman II]], na que mesmo sería decisiva a milagreira intervención do [[apóstolo Santiago]], liberaría o reino de tan vergonzosa carga.
 
Liña 19:
Mauregato morreu (talvez de morte natural) no ano [[789]], sucedéndoo [[Bermudo I de Asturias|Bermudo o Monxe]].
 
== Descendencia ==
Mauregato, no que se coñece, non tivo descendencia.
 
Liña 31:
}}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Reino de Galicia]]
 
=== Bibliografía ===
* Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
* [[Xosé Antonio López Teixeira]], ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', [[Editorial Toxosoutos]], [[2003]].
* Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8.
* Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
* Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de Galicia]]