Diferenzas entre revisións de «Adelchis»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (engado a Categoría:Finados en 788 mediante HotCat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Adelchis''' foi un príncipe [[longobardos|longobardo]] de [[Italia]], fillo do rei [[Desiderio]]. Sendo elixido o seu pai en [[757]], foi asociado ao trono en [[759]].
== Traxectoria ==
Tras a capitulación do seu pai en [[Pavía]] cercada polos [[francos]] de [[Carlomagno]] (marzo de [[774]]), vendo o final irremediábel do [[reino longobardo]], decide fuxir e refúxiase en [[Bizancio]] ([[775]]) onde recibe o título de ''patricio''.
 
Desde Bizancio, espera poder reconquistar o reino longobardo e tomar o poder, pero fracasa na súa tentativa de invasión de Italia meridional, apoiado pola emperatriz [[Irene]]; é rexeitado en [[787]] por unha coalición composta polo xove príncipe longobardo [[Grimoaldo III de Benevento]], vasalo de Carlomagno, e os francos. Morre no curso da expedición ou pouco despois en Bizancio, en [[788]].
 
== Posteridade ==
Inspirou a obra do escritor italiano [[Alessandro Manzoni|Manzoni]], ''[[Adelchi]]'' (''nome italiano de Adelchis'')
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Reino longobardo]].
* [[Longobardos]].
* [[Carolinxios]].
* [[Francos]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.giramondo.com/n9607/alberi/adelchi.jpg Representación de Adelchis]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Historia de Italia]]
393.002

edicións