Froila I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m parámetros {{Realeza}}
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
[[Ficheiro:720-iberian_peninsule.png|miniatura|dereita|295px|Mapa político do noroeste da Península Ibérica tras a substitución da España visigoda, pola musulmá. Galicia aparece gobernada por numerosos señores territoriais cristiáns que tentan impoñer a súa autoridade sobre os demais<ref>Barbosa Álvarez, J.M. Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0</ref>.]]
 
'''Froila I''', nado en [[722]] e finado en [[Cangas de Onís]] no ao [[768]], foi un nobre da [[alta idade media]], fillo de [[Afonso I o Católico|Afonso I]], ao que sucedeu á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da [[Cordilleira Cantábrica]]<ref name="López Teixeira"></ref> durante o seu reinado ([[757]]-[[768]])<ref name="Carreira Cal"></ref>.
 
Coma no caso do seu pai, o denominativo ''"de Asturias"'' é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX<ref name="López Carreira">López Carreira, A. ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8</ref> denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuírlle<ref name="López Carreira"></ref>. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de [[reis de Galicia]] por boa parte dos historiadores galegos actuais<ref name="Carreira Cal">López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.</ref>, concedéndolle o nome de '''Froila I'''.<ref name="López Teixeira">López Teixeira, X.A. ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]].</ref>
 
== Reinado ==
Ao comezo do seu reinado enfrontouse a un exército enviado por [[Abderramán I]], emir de [[Emirato de Córdoba|Córdoba]], nun lugar chamado ''[[Pontumio]]''. Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado segundo uns autores, ou feito preso, segundo outros, morrendo no cativerio<ref>Couceiro Freijomil, Antonio. Historia de Pontedeume e a súa comarca, 4ª edición (1995). Xunta de Galicia ISBN 84-453-1437-8, páx. 25</ref>.
 
Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos [[vascóns]] de [[Álava]] contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, segundo contan as dúas versións da [[Crónica de Afonso III|Crónica afonsina]], tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766<ref name="López Teixeira"></ref>, aos que venceu.
 
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.
Liña 33:
Froila fundou diversos mosteiros da [[Orde de San Bieito]], entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de [[Oviedo]]; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de [[San Millán da Cogolla]] recolle a constitución, outorgada por Froila o [[24 de abril]] de [[759]], dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en [[San Miguel de Pedroso]] ([[Burgos]]), na fronteira leste do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristián resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a [[Serra da Demanda]].
 
Vendo que o seu irmán [[Vimarano]] gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo<ref name="Carreira Cal"></ref>. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán [[Aurelio]]<ref name="López Teixeira"></ref>, fillo de [[Froila Pérez]].<ref name="Nogueira">Nogueira, C. (2001): ''A Memoria da nación: o reino da Gallaecia''. Xerais, Vigo.</ref>
 
Os fillos de Froila foron Ximena e [[Afonso II de Asturias|Afonso]] (coñecido posteriormente como [[Afonso II de Asturias|Afonso II]]). A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao [[Mosteiro de Samos]] ([[Lugo]])<ref name="Nogueira"></ref>, fundado polo seu marido.
 
{{Gobernante|
Liña 50:
 
== Véxase tamén ==
=== OUtros artigos ===
* [[reino de Galicia]]
 
=== Bibliografía ===
* López Carreira, A,; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
* López Teixeira, X.A. ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]].
Liña 76:
</div>
}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis de Asturias]]