Xoán Damasceno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 749 mediante HotCat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Xoán Damasceno''', nado en [[Damasco]] en [[676]] e finado en [[Xerusalén]] en [[749]], é un dos autores que máis influíu na filosofía bizantina e na teoloxía ortodoxa grega. Loitou contra a [[iconoclastia]].
 
== Traxectoria ==
Sucedeu ao seu pai como oficial administrativo do [[califa]] de Damasco. No [[730]], desafiou ao emperador bizantino [[León III, Emperador|León III]] na súa defensa das iconas, seguindo a espiritualidade dos monxes ortodoxos e en contra dos teólogos imperiais.
 
Tras repartir todos os seus bens entre os necesitados, retirouse a un mosteiro en [[Mar Sabas]], preto de Xerusalén, onde pasou o resto da súa vida estudando,escribindo e predicando (foi coñecido como o ''Chrisorrhoas'' o manancial de ouro). Alí foi ordenado presbítero no ano [[735]], e alí permanece enterrado.
 
== Pensamento ==
No seu ''Discurso sobre as sagradas imaxes'' defende que Deus é o creador da materia, e lonxe de ser esta algo negativo, é o medio a través do cal o home é salvado da morte e da escravitude do pecado, mediante o misterio da [[encarnación]] e a [[resurrección]] da carne. Deus mesmo se fixo materia en [[Xesús de Nazaret]]. As iconas non se adoran senón que se veneran. O que as palabras ensinan ao o oído, as imaxes ensínano aos ollos. ''As imaxes son o catecismo dos que non len''.
 
Liña 22:
Nunha obra menor ''Sobre os dragóns e as pantasmas'', combate as supersticións, para el é a razón a que debe explicar os fenómenos naturais. A superstición é froito da ignorancia.
 
== Influencia ==
A [[Igrexa Ortodoxa]] considérao unha das súas grandes autoridades doutrinais. Os seus escritos tiveron unha influencia determinante na aceptación da veneración ás iconas no [[Segundo Concilio de Nicea]]. No século XII, [[Burgundio de Pisa]] traduciu parte da súa obra ao [[latín]], o que favoreceu a súa expansión por Occidente. A [[Igrexa Católica]] teno oficialmente como un dos seus [[doutores da Igrexa|doutores]] dende [[1883]]. A súa festa celébrase o [[4 de decembro]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]