León II, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
{{Papas en progreso}}{{PapS-VII}}
[[Ficheiro:LeoII.jpg|miniatura|esquerda|León II]]
San '''León II''' nado en [[Sicilia]] probablemente na cidade de [[Messina]] en data descoñecida e finado en [[Roma]] o 3 de xullo [[683]] foi o [[papa]] n.º 80 da [[Igrexa Católica]] de 682 a 683.
 
== Biografía ==
[[Sicilia]]no de nacemento era fillo dun home chamado Paulo e segundo as fontes fillo de médico <ref name="Vie des Saints"> {{fr}} [http://www.magnificat.ca/cal/fran/07-03.htm Páxina sobre León II (Saints.SQPN.com)]</ref> Estudou na ''Schola cantorum'' de Roma. Leo era coñecido como un predicador elocuente, vertido nas Santas Escrituras, amante da [[música]], tan piadoso como sabio, caritativo coidando en particular dos pobres, dos orfos e das viúvas, sendo cóengo regular. <ref name="Saints"> {{en}} [http://saints.sqpn.com/pope-saint-leo-ii/ Páxina sobre León II (Saints.SQPN.com)]</ref>, <ref name="Vie des Saints"/>.
 
Aínda que elixido papa uns cantos días despois da morte de [[Agatón, papa|Agatón]], tivo que esperar a súa consagración ata máis dun ano despois a consagración da súa elección do emperador bizantino [[Constantino IV]]. León II foi encargado de pechar o [[Terceiro Concilio de Constantinopla]] iniciado polo seu predecesor. Neste [[concilio ecuménico]] condenábase o [[monotelismo]]. Constantino IV esixía a excomuñón do papa [[Honorio I, papa|Honorio I]] considerado como partidario do monotelismo, para aceptar a consagración de León II.
 
León II foi canonizado santo da Igrexa católica. O corpo descansa na basílica de San Pedro. Os [[martiroloxio]]s de [[Beda|Beda o Venerábel]] e de Adón xa testifican o seu culto.
 
== Pontificado ==
Elixido papa, sen dúbida no mes de xaneiro, probablemente o 10 de xaneiro 681. Non obstante, a súa consagración producese ata máis dun ano despois, o 17 de agosto 682 <ref name="Saints"/>.
 
Os tratos proseguen ata o ano 683. Constantino obtén a condena de Honorio I e en cambio, concede a Léon II, entre outras cousas:
* o recoñecemento da elección pontifical;
* a presenza dun nuncio apostólico permanente do papa en [[Constantinopla]];
* a transferencia a Roma dos monotelistas condenados polo concilio, para xulgalos alí polo papado;
* o recoñecemento da supremacía do papa sobre o [[Exarcado de Rávena|exarca de Rávena]];
* a diminución dos pagamentos da Sicilia e da [[Calabria]] ao tesouro imperial.
Liña 22:
Durante o seu pontificado puxo fin ao conflito que enfrontaba ao papado co bispado de [[Rávena]], o cal non recoñecía a supremacía papal sobre a base dun decreto ditado polo emperador bizantino [[Constantino II]] que establecía que os bispos da devandita cidade non necesitaban ser consagrados polo papa.
 
En resposta posible a ataques dos [[Longobardos]], León II transfiriu as [[reliquia]]s dunha cantidade de mártires das [[catacumba]]s dentro dos muros da cidade <ref> {{en}} [http://www.cfpeople.org/Books/Pope/POPEp80.htm Páxina sobre León II]</ref>.
 
 
Liña 31:
=== Ligazóns externas ===
* {{en}} [http://www.newadvent.org/cathen/09157a.htm Páxina sobre León II na ''Catholic Encyclopedia''.]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Papas]]