Cadwallon ap Cadfan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 634 mediante HotCat
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Cadwallon ap Cadfan''' (morto 634<ref name="Date">Diferentes interpretacións sobre as datas apuntadas por Beda para a [[Batalla de Hatfield Chase]] levaron á dúbida de se morreu en 634 ou ben en 633. En todo caso, iso sucedeu un ano despois desta batalla.</ref>) foi rei de [[Reino de Gwynedd|Gwynedd]] desde o ano 625, aproximadamente, ata a súa morte en combate.
 
== Traxectoria ==
 
Fillo e sucesor de [[Cadfan ap Iago]], lémbraselle principalmente por ser o rei [[britanos|britano]] que derrotou ao rei [[anglos|anglo]] [[Edwin de Northumbria|Edwin]] de [[Reino de Northumbria|Northumbria]]. Posteriormente loitou e morreu na batalla contra o seu sucesor, [[Oswald de Northumbria|Oswald]] de [[Bernicia]]. O historiador [[Beda]], escribindo un século despois da morte de Cadwallon, menciona que o poderoso reino de [[Edwin de Northumbria|EdwinEdwinse]]se estendía ata as illas de [[Man]] e [[Anglesey]]<ref>Bede, ''H. E.'', [http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book2.html Book II], chapter 9. Beda denomínaas Illas Meravianas.</ref> Os ''[[Annales Cambriae]]'' indican que Cadwallon foi cercado en Glannauc (ou Illa Puffin), unha pequena illa o leste de [[Anglesey]], no ano 629.<ref>[http://www.fordham.edu/halsall/source/annalescambriae.html ''Annales Cambriae''], 629.</ref> O legado poético galés tamén se refire a Cadwallon como un líder heroico e á súa loita contra [[Edwin de Northumbria|Edwin]]. Relata unha batalla en Digoll (Long Mountain) e que Cadwallon pasou un tempo en [[Irlanda]] antes do seu regreso a [[Britania]] para derrotar a [[Edwin de Northumbria|Edwin]].<ref>D. P. Kirby, ''The Earliest English Kings'' (1991, 2000), pages 71–72.</ref>
 
Segundo [[Geoffrey de Monmouth]], na súa ''[[Historia Regum Britanniae]]'', Cadwallon foi a [[Irlanda]] e posteriormente á illa de [[Guernsey]]. Desde aquí conduciu un exército ata [[Dumnonia]], que venceu a [[Penda de Mercia|Penda]] de [[Mercia]] en [[Exeter]], e o forzou a formar unha alianza. [[Geoffrey de Monmouth|Geoffrey]] tamén menciona o feito de que Cadwallon casou cunha media irmá de [[Penda]].<ref>Geoffrey of Monmouth, ''The History of the Kings of Britain'', Part Eight: "The Saxon Domination."</ref> Desta unión nacería o seu fillo, Cadwalar "Fendigaid" ap Cadwallon.
 
[[Penda]] e Cadwallon loitaron contra Northumbria e na [[Batalla de Hatfield Chase]], o [[12 de outubro]] de [[633]], venceron e mataron a [[Edwin de Northumbria|Edwin]] e o seu fillo Osfrith.<ref name="Hatfield">Beda, ''H. E.'', Libro II, capítulo 20.</ref> Como resultado, o reino de [[Northumbria]] sumiuse no caos, quedando dividido nos reinos de [[Deira]] e [[Bernicia]],<ref name="Osric">Beda, ''H. E.'', [http://www.fordham.edu/halsall/basis/bede-book3.html Libro III], capítulo 1.</ref> pero a guerra continuou; de acordo coa [[Crónica Anglosaxoa]], "Cadwallon e Penda marcharon sobre todas as terras de Northumbria".<ref>''Crónica Anglosaxoa'', manuscrito E, anor 633. Traducido ao inglés moderno por Michael Swanton (1996, 1998).</ref> Segundo [[Beda]], Cadwallon foi cercado polo novo rei de [[Deira]], [[Osric de Deira|Osric]], "nunha cidade forte"; Cadwallon, en cambio, "rompeu o cerco repentinamente e, por sorpresa, logrou vencer e destruír a [[Osric de Deira|Osric]] e o seu exército". Tras iso, de acordo con [[Beda]], Cadwallon gobernou sobre "as provincias de [[Reino de Northumbria|Northumbria]]" durante un ano, "non como un rei vitorioso, senón como un tirano voraz e sanguinario."<ref name="Osric"/> Ademais, [[Beda]] dinos que Cadwallon, "aínda que se consideraba a si mesmo [[cristianismo|cristián]], foi tan bárbaro nas súas disposicións e comportamento que non respectou nin ás mulleres nin a inocencia dos nenos, aos que someteu cunha crueldade salvaxe a mortes horríbeis, devastou o país durante longo tempo e dispúxose a exterminar a raza dos [[anglos]] dentro dos límites de [[Britania]]."<ref name="Hatfield"/>
 
O novo rei de [[Bernicia]], [[Eanfrith]], foi tamén asasinado por Cadwallon cando acudiu ao seu encontro para negociar a paz.
Liña 15:
Segundo as ''[[Tríades galesas]]'', o seu bardo tería sido [[Afan Ferddig]].
 
== Véxase tamén ==
 
=== Notas ===
 
{{listaref}}
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Gales]]