Gregorio I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
 
== Político ==
Consonte o modelo de [[Agostiño de Hipona]] na súa obra ''[[De Civitate Dei]]'', buscou construír unha república cristiá onde o poder temporal estivese sometido ao espiritual buscando a xustiza e o ben común dos cidadáns. Tivo que convencer aos [[longobardos]] para que respectasen a cidade chegando a un acordo de reparto territorial con eles, nun momento en que os romanos non tiñan outra autoridade á que acudir.
 
== Pastor ==
Liña 21:
 
Considerado como un dos [[Pais da Igrexa]] occidental, escribiu unha regra pastoral que será guía pastoral e relixiosa dos bispos medievais, uns Diálogos sobre a vida edificante dos santos, en particular [[Bieito de Nursia]], e a célebre ''Moralia in Job'' e varias coleccións de Homilías. A el débese o concepto de [[pecado capital]] como raíz do resto dos vicios. Tendo a súa orixe no orgullo, os pecados capitais son sete: soberbia, envexa, ira, avaricia, preguiza, gula e luxuria. Encadean ao home de xeito que este debe contar para vencelos cos dons da [[graza]] que o [[Espírito Santo|Espírito]] lle outorga, en especial a [[Fe (relixión)|fe]], a [[esperanza]] e máis o amor.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Padres da Igrexa]]