Hermerico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 34:
[[Ficheiro:Sueben coin II.jpg|miniatura|dereita|190px|Moeda de ouro sueva datada entre os anos 410 e 500.]]
'''Hermerico''' (?-[[441]]) foi o primeiro rei [[suevo]] de ''[[Gallaecia]]'', reinou dende o [[409]] até o [[438]]. Dirixiu ó seu pobo dende o [[Rin]] até ''Gallaecia'', onde someteu á poboación galaico-romana e asinou un ''[[foedus]]'' con [[Imperio Romano|Roma]] mediante o cal establecía o seu reino na [[Imperio romano|provincia romana]] de ''Gallaecia'' e aceptaba ó emperador como o seu superior ([[410]]). En teoría actuaba como federado de [[Imperio Romano|Roma]] e mantivo a paz con eles, enfrontándose aos [[vándalos asdingos]] que se refuxiaran na ''Gallaecia'' logo de seren atacados polo visigodo [[Valia]] e chegaron a pór en dificultades ó exército suevo nos Montes Nerbasos no ano 419 resolvendo Hermerico a situación grazas á axuda de Asterio, conde romano, o que posibilitou a ocupación de toda a ''Gallaecia'' mentres os vándalos marchaban cara á [[Bética]]. En [[438]] asociou ó seu fillo [[Requila]] ao trono.
=== Abdicación ===
Despois de sete anos de enfermidade, as circunstancias físicas forzan a Hermerico a abdicar a coroa no ano 438, pasando o goberno de todo o [[reino de Galicia]] —así como os territorios meridionais conquistados— ao seu fillo e herdeiro, [[Requila]], confirmando deste xeito a sucesión patrilineal nos hábitos de transferencia de poder entre os monarcas [[suevos]] como sucedía cos [[francos]], e diferindo xa temperamente da sucesión electiva, propia de outros pobos xermánicos como os [[visigodos]]. Hermerico marcará unha liñaxe real, da que non coñecemos a orixe mais si a fin, que se produce no ano 456, coa morte do seu neto [[Requiario]].
 
Liña 49:
{{End box}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* López Carreira, A; Fernández Cal, T. ''Os reis de Galicia''. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 884-4962096203-32727-1.
 
=== Outros artigos ===
* [[Lista de monarcas de Galicia]]
* [[Reino Suevo]]
Liña 61:
 
{{Lista de Reis Suevos}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Reis suevos]]