m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (elimino a Categoría:Nados en Turquía; engado a Categoría:Nados na provincia de Kayseri mediante HotCat) |
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética) |
||
'''Mamede de Capadocia''', nado en [[Cesarea de Capadocia]] ([[Imperio Romano]]) no [[259]] e finado na [[Capadocia]] en [[275]], foi un [[mártir]] [[Cristianismo|cristián]], coñecido como San Mamede. A [[Igrexa Católica]] celebra o seu día o [[17 de agosto]].
== Lenda ==
Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de [[Cesarea de Capadocia]].
Tras sufrir cadea e [[tortura]]s, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no [[circo]] ceibándolle varios [[león]]s, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo [[tridente]] dun gladiador ata falecer desangrado.
== Significación ==
Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do [[cristianismo]] en comunidades rurais da [[Gallaecia]] supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da [[natureza]] pola figura deste santo mozo.
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]
[[Categoría:Venerados polas Igrexas Ortodoxas]]
|