Diferenzas entre revisións de «Zhang Heng»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (engado a Categoría:Finados en 139 mediante HotCat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
[[Ficheiro:Zhang_Heng.jpg|miniatura|Zhāng Héng.]]
{{Contén texto chinés}}
'''Zhang Heng''' ([[Lingua chinesa|chinés]] simplificado: 张衡; [[Lingua chinesa|chinés]] tradicional: 張衡; [[pinyin]]: Zhāng Héng; [[Wade-Giles]]: Chang Heng) foi un [[astronomía|astrónomo]], [[matemáticas|matemático]], [[invento|inventor]]r, [[xeografía|xeógrafo]], [[cartografía|cartógrafo]], [[pintura|pintor]], [[poesía|poeta]], home de [[estado]], [[escritura|escritor]] e profesor de [[literatura]] [[China|chinés]], nacido en [[Nanyang]], [[Henan]] o ano [[78]] da nosa era, e morto en [[139]].
 
== Traballos principais ==
Durante unha longa época da súa vida foi astrónomo real baixo a [[Dinastía Han]] do Leste, e trazou un dos primeiros [[mapa]]s estelares, rivalizando co que creou [[Hiparco de Nicea|Hiparco]] no ao [[129]] a. C., e descoñecido para Zhang. Neste mapa situou as posicións exactas de 2.500 estrelas e bautizou unhas 320. Estimou que o [[ceo]] nocturno, do que só podía ver unha parte, contiña 11.500 [[estrela (astronomía)|estrelaestrelas]]s, unha cifra exaxerada para un observador con boa vista, pero non foi unha mala estimación. Explicou as [[eclipse]]s [[Lúa|lunares]] correctamente, argumentando que se producían cando a Lúa atravesaba a sombra da Terra, e imaxinou a Terra como unha pequena esfera suspendida no espazo, rodeada por un inmenso e lonxanísimo ceo esférico. No ano [[123]] corrixiu o [[calendario]] para facer cadrar as [[estacións do ano]].
 
Nunha das súas publicacións, ''Ling xián'' (靈憲, un resumo das teorías astronómicas da súa época), aproximou o [[número π]] como 730/232 (aproximadamente 3,1465). Nunha das súas fórmulas utilizadas para o cálculo de volumes esféricos, usou π como a raíz de 10 (aproximadamente 3,162).
 
== O detector de terremotos ==
[[Ficheiro:EastHanSeismograph.JPG|miniatura|esquerda|150px|Réplica do detector de terremotos de Zhāng Héng.]]
O traballo máis famoso de Zhang Heng foi o "detector de terremotos" que perfeccionou no ano [[132]], mil setecentos anos antes do primeiro [[sismógrafo]] europeo.
A pesar das súas creacións, é erróneo considerar a Zhang Heng como o inventor do sismógrafo. A súa máquina detectaba os terremotos e a súa procedencia, pero non os medía.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Zhang Heng}}
=== Bibliografía ===
* Balchin, J. (2003): ''Science: 100 Scientists Who Changed the World''. New York: Enchanted Lion Books. ISBN 1-59270-017-9
* Krebs, Robert E. (2003): ''The Basics of Earth Science''. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group, Inc. ISBN 03133193080-313-31930-8
* Liu, Wu-chi. (1990): ''An Introduction to Chinese Literature''. Westport: Greenwood Press of Greenwood Publishing Group. ISBN 03132670300-313-26703-0
* Morton, W. Scott & Charlton M. Lewis (2005): ''China: Its History and Culture''. New York: McGraw-Hill, Inc.
* Needham, Joseph (1986): ''Science and Civilization in China: Volume 3, Mathematics and the Sciences of the Heavens and the Earth''. Taipei: Caves Books, Ltd.
* Temple, Robert. (1986): ''The Genius of China: 3.000 Years of Science, Discovery, and Invention.'' Con prefacio de Joseph Needham. New York: Simon and Schuster, Inc. ISBN 0-671-62028-2
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.chinaculture.org/gb/en_madeinchina/2005-08/18/content_71970.htm Zhang Heng at Chinaculture.org] {{en}}.
* [http://hua.umf.maine.edu/China/astronomy/tianpage/0012ZhangHeng6539w.html Zhang Heng at the University of Maine, USA] {{en}}.
* [http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Biographies/Zhang_Heng.html Zhang Heng at the University of St Andrews, Scotland] {{en}}.
* [http://earthquake.usgs.gov/learning/topics/seismology/history/part04.php The Early History of Seismology (to 1900)] {{en}}.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Matemáticos da China]]
393.002

edicións