Séneca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 10:
No ano 41, coa morte de Calígula e coa entronización de [[Claudio]], Séneca, que continuaba sendo unha persoa relevante dentro do estamento político romano, foi de novo condenado á morte. Esta vez a pena cambiouse por un desterro a [[Córcega]]. A sentencia oficial acusábao de adulterio con [[Xulia Livilla]], irmá de Calígula. É bastante improbable que isto fose certo pero descoñécense as causas reais. O máis probable é que fose condenado porque a esposa de Claudio, a célebre [[Valeria Mesalina]], considerábao perigoso xa que a entronización de Claudio producírase contra a oposición do Senado e Séneca, que debido ao seu prestixio como orador, era un dos senadores máis influentes.
 
== Exilio en Córcega e retorno a Roma ==
O seu exilio en [[Córcega]] durou 8 anos. Durante ese tempo, a raíz da morte de se pai, escribiulle un ensaio de consolación á súa nai Helvia. Destaca por propugnar actitudes estoicas moi diferentes ás que, por ese mesmo período, se mostran na ''[[Consolación a Polibio]]'', escrito co cal trataba de conseguir o perdón imperial.
 
Liña 17:
No ano 54, o emperador Claudio faleceu (segundo a maioría das fontes históricas, envelenado pola súa esposa) e o seu fillastro Nerón subiu ao poder. Aínda que non hai ningunha evidencia de que Séneca estivese involucrado no asasinato de Claudio, si que se mofou do vello emperador na súa obra [[sátira|satírica]] titulada ''[[Apocolocyntosis divi Claudii]]'' («Cabazificación do divino Claudio»), na que este, tras una serie de vicisitudes, acaba como un mero burócrata no Hades. Coa subida ao poder do mozo [[Nerón]], que tiña uns 17 años, Séneca foi nomeado conselleiro político e ministro, xunto cun militar chamado [[Sexto Afranio Burro]].
 
== Goberno do Imperio Romano ==
Durante os oito anos seguintes, Séneca e Burro, a quen todos os historiadores romanos consideraron as persoas de maior valía e ilustración no entorno de Nerón, gobernaron de facto o Imperio Romano. Dito período destacaría por ser un dos de mellor e máis xusto goberno de toda a época imperial. A súa política, baseada no compromiso e na diplomacia máis que en innovacións e idealismo, foi modesta pero eficiente: tratouse en todo momento de refrear os excesos do mozo Nerón, ao tempo que evitaban depositar gran poder real nas mans de Agripina. Así, mentres Nerón se dedicaba, seguindo as instrucións de Séneca, a un ocio moralmente «aceptable», Séneca e Burro fixéronse co poder. Unha vez aí promoveron unha serie de reformas legais e financeiras, como a redución dos impostos indirectos, perseguiron a corrupción dos gobernadores provinciais, levaron a cabo una exitosa guerra en [[Armenia]], enviáronse expedicións para dar coas fontes do [[río Nilo]]... Durante este período nin Burro nin Séneca ocuparon ningún cargo institucional máis alá do de senadores, polo que exerceron o poder dende atrás, como meros conselleiros do mozo César.
 
Sen embargo, conforme [[Nerón]] foi medrando, comenzou a desprenderse da «benigna» influencia de Séneca, que co paso do tempo, ía perdendo influencia sobre o seu pupilo. Este, que demostrara unha natureza cruel ao facer asasinar ao seu irmán, pronto comenzou a escoitar os consellos de membros da peor ralea da sociedade romana, meros arribistas que, como [[Publio Sulio Rufo]], viron unha gran oportunidade para desprazar a Séneca do poder. Foi Rufo o que, no ano 58, acusou a Séneca de manter relacións sexuais con Agripina, co que deu orixe a unha campaña de desprestixio na que o filósofo foi acusado de extravagancia nos banquetes, hipocrisía e adulación nos seus escritos e, sobre todo, excesiva riqueza. De feito, é probable que a inmensa riqueza de Séneca propiciara a súa caída fronte a Nerón, o cal non toleraría que un particular puidese facerlle sombra nese aspecto.
 
== Caída e morte ==
No ano 59, [[Xulia Vipsania Agripina|Agripina]] foi asasinada por [[Nerón]], o que marcaría o comezo do fin de Séneca. Aínda que non estiveran involucrados, Séneca e Burro tiveron que levar a cabo unha campaña de lavado de imaxe pública do emperador co fin de minimizar o impacto do crime: Séneca escribiu a famosa carta ao Senado na que xustificaba a Nerón e explicaba que Agripina conspirara na contra do seu fillo. Posteriormente, este feito provocou acusacións de hipocrisía contra Séneca. No ano 62, cando Burro faleceu (probablemente asasinado), a situación de Séneca no poder volveuse insostible xa que perdeu boa parte do seu capital político e dos seus apoios. Ademais, a campaña de desprestixio privouno da proximidade ao emperador, o cal, rodeado de aduladores como [[Tigelino]], [[Vitelio]] ou [[Petronio]], pronto comenzaría a falar de desembarazarse do seu vello titor.
 
Liña 35:
Ao suicidio de Séneca seguírono o dos seus dous irmáns e o seu sobriño [[Lucano]], sabedores de que pronto a crueldade de Nerón recaería tamén sobre eles. O corpo deste foi [[incineración|incinerado]] sen cerimonia algunha. Así o escribira el no testamento que fixera nos seus tempos de riqueza e poder, cando pensaba nos seus últimos momentos.
 
== Obras ==
=== Consolacións ===
* ''[[Consolación a Marcia]]'' (40 d. C.)
* ''[[Consolación a Helvia]]'' (42 d. C.)
* ''[[Consolación a Polibio]]'' (43 d. C.)
 
=== Diálogos ===
* ''[[Da ira]]'' (41 d. C.)
* ''[[Da serenidade da alma]]'' (53 d. C.)
* ''[[Da brevidade da vida]]'' (55 d. C.)
* ''[[Da firmeza do sabio]]'' (55 d. C.)
* ''[[Da clemencia]]'' (56 d. C.)
* ''Da vida bendicida'' ou ''[[Da felicidade]]'' (58 d. C.)
* ''[[Dos beneficios]]'' (59 d. C.)
* ''Da vida retirada'' ou ''[[Do ocio]]'' (62 d. C.)
* ''[[Da providencia]]'' (63 d. C.)
 
=== Traxedias ===
* ''[[Hércules furioso]]''
* ''[[As troianas (Séneca)|As troianas]]''
* ''[[Medea (Séneca)|Medea]]''
* ''[[Hipólito (Séneca)|Hipólito]]''
* ''[[Edipo (Séneca)|Edipo]]''
* ''[[Agamenón (Séneca)|Agamenón]]''
* ''[[Tiestes (Séneca)|Tiestes]]''
* ''[[Hércules no Eta]]''
* ''[[As fenicias (Séneca)|As fenicias]]''
* ''[[Fedra (Séneca)|Fedra]]''
* ''[[Octavia (Séneca)|Octavia]]''
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da filosofía]]