Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
[[Ficheiro:Hecataeus world map-es.svg|thumb|Mapa de Hecateo. Nel represéntase a Terra coñecida (Asia e Europa) como un disco rodeado do Océano.]]
'''Hecateo de Mileto''', nado en [[Mileto]] sobre o [[-550]] e finado sobre [[-476]], foi un [[Historiografía grega|historiador grego]]. O primitivo do seu [[método histórico]] clasifícao entre os [[logógrafo]]s. Tamén pode considerárselle precedente da [[xeografía]] e a [[cosmografía]]. Non debe confundirse co seu homónimo [[Hecateo de Abdera]], tamén historiador.
== Traxectoria ==
Naceu en [[Mileto]] de rica familia e recibiu o nome da deusa [[Hécate]]. Chegou á madurez no tempo da invasión persa. Tras longas viaxes asentouse na súa cidade natal, onde ocupou altos cargos e dedicouse á composición de traballos históricos e xeográficos. Cando [[Aristágoras]] convocou un consello dos [[Xonia|xonios]] en Mileto para organizar a [[revolta xónica]] contra o poder [[Imperio aqueménida|persa]], Hecateo tratou en balde de disuadir aos seus compatriotas de levala a cabo <ref>[[Heródoto]] 5.36, 125</ref>. No -494, cando os derrotados xonios se viron obrigados a negociaren a rendición, el foi un dos embaixadores ante o [[sátrapa]] persa [[Artafernes (sátrapa)|Artafernes]], ao que persuadiu que permitise a reconstrución das cidades xonias. <ref>[[Diodoro Sículo]], ''Biblioteca histórica'' X.25.</ref>
 
Tamén se lle coñecen as ''Genealogiai'', compendio racionalmente sistematizado das tradicións e [[mitoloxía]] gregas, que rompe coa tradición épica de construción de mitos. Consérvanse poucos fragmentos, pero suficientes para considerar a súa importancia.
== Escepticismo ==
As obras de Hecateo, especialmente as ''Genealogiai'', mostran un marcado [[Escepticismo filosófico |escepticismo]]: {{cita|"''Isto di Hecateo de Mileto: Escribo o que considero verdade; as historias dos gregos parécenme ridículas''".}} Ao contrario que o seu contemporáneo [[Xenófanes]], non critica os mitos partindo dos mitos mesmos, senón que a súa incredulidade provén da súa ampla exposición ás moitas mitoloxías contraditorias que atopa nas súas viaxes.
 
É ilustrativa a anécdota da visita a un templo exipcio en [[Tebas, Exipto|Tebas]] <ref>Heródoto II, 143</ref>. O sacerdote mostra a [[Heródoto]] unha serie de estatuas no sagrado interior do templo, cada unha supostamente erixida polo sumo sacerdote de cada xeración. Hecateo, di Heródoto, tras presenciar o mesmo espectáculo, mencionou aos sacerdotes que el mesmo podía reconstruír a súa liña de antepasados a través de dezaseis xeracións ata chegar a un deus do que descendía. Os exipcios, comparando a súa xenealoxía coa súa propia manifestada en 345 estatuas, todas de mortais, negáronse a crer a pretensión de Hecateo de descender dunha figura mitolóxica. Este encontro coa antigüidade inmemorial de Exipto considérase unha influencia crucial no escepticismo de Hecateo. O pasado mitoloxizado dos gregos vólvese insignificante cando o compara coa historia dunha civilización que xa era antiga antes de que se fundase [[Micenas]].
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.livius.org Livius], [http://www.livius.org/he-hg/hecataeus/hecataeus.htm Hecataeo de Mileto] por Jona Lendering
* [http://www.iranicaonline.org/articles/hecataeus-of-miletus Artigo] detallado con bibliografía en [http://www.iranicaonline.org/ iranicaonline].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da xeografía]]
381.287

edicións