Demostrativo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
corrixo erro de contido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Desambiguação assistida por bot: Artigo
Liña 8:
A mesma potencialidade expresiva e o moito uso dos demostrativos provocou a súa rápida evolución e a transformación do seu paradigma. O primeiro que se perdeu, xa no período posclásico, foi IS, substituído por HIC. Inmediatamente, o mínimo corpo [[Fonética|fónico]] e a desvalorización [[semántica]] provocan a desaparición de HIC, do cal só quedan pegadas en vocábulos lexicalizados como HAC HORA > ''agora'', HOC ANNO > ''hogano'', PER HOC > ''pero''.
 
Iniciada xa a reestruturación do sistema latino, ĬLLE pillou o valor anafórico de IS e HIC especializándose en dúas funcións, o [[pronome persoal]] de terceira persoa e o [[Artigo (gramática)|artigo]].
 
No [[latín]] falado existía a tendencia a reforza-los demostrativos mediante IPSE ou antepondo a partícula ECCE. Así, xunto a ĬSTE, existía ECCISTE e, xunto a ĬLLE, ECCILLE. ECCILLE (> ''aquel'') quedou como única forma deíctica ante o anafórico ĬLLE.