Diferenzas entre revisións de «Germán Coppini»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (engado a Categoría:Siniestro Total mediante HotCat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Germán Coppini López-Tormos''', nado en [[Santander]] en [[1961]] e finado en [[Madrid]] o [[24 de decembro]] de [[2013]],<ref>[http://www.manerasdevivir.com/noticias/52115/ Manerasdevivir.com]</ref><ref>[http://zm.nu/2013/12/24/ha-fallecido-german-coppini/ ''Zona Musical'']</ref> coñecido artisticamente como '''Germán Coppini''', foi un cantante pop, fundador de [[Siniestro Total]] ou [[Golpes Bajos]], e persoeiro fundamental da [[movida viguesa]].
 
== Biografía ==
=== Siniestro Total ===
A principios de 1980 forma xunto con [[Miguel Costas]] á guitarra e [[Julián Hernández]] á batería o grupo amateur [[Coco y los del 1.500]], no que fai de vocalista. Entre finais de agosto e principios de setembro de 1981 os seus compañeiros cambian o nome do seu outro grupo, que comparten con [[Alberto Torrado]], [[Mari Cruz Soriano y los que Afinan su Piano]], por [[Siniestro Total]], e ante a necesidade dun vocalista, disolven ''Coco y los del 1.500'' e incorporan a voz de Germán ó novo grupo.
 
Así pois, Germán e Teo buscan a dous instrumentistas máis para o seu grupo; encontran a [[Pablo Novoa]] e [[Luis García]], e en abril de 1983 Germán abandona definitivamente [[Siniestro Total]].
 
=== Golpes Bajos ===
Xa como vocalista de Golpes Bajos, a mediados de 1983 edita coa discográfica [[Nuevos Medios]] un maxisinxelo homónimo, do que consiguen vender máis de 20.000 copias, o que fai que chegue a intervir na película musical ''A tope'' interpretando o tema dese maxisinxelo "Malos tiempos para la lírica" na [[Sala RockOla]] de [[Madrid]]. O 28 de xuño dese mesmo ano aparecen de novo no programa ''La edad de oro'', no que conceden unha entrevista, ademais de tocar dous temas do maxisinxelo e un terceiro aínda inédito, "Fiesta de los maniquíes".
 
Xa a principios de 1985 Golpes saca o seu terceiro e último traballo, de novo con Nuevos Medios, un [[mini-LP]] titulado ''Devocionario'', acompañado polos sinxelos dos temas "La virgen loca" e "Desconocido". A xira deste disco finaliza na primavera dese aon cun concerto en [[Tarragona]] na que o grupo anuncia publicamente a súa disolución.
 
=== En solitario: ata ''Carabás'' ===
Así pois, xa sen compromisos, Germán decide entón tomar uns meses de descanso durante o resto do ano, ata que en marzo de 1986 volve á escena musical en forma de reunión con [[Nacho Cano]], co que grava o maxisinxelo "Edición limitada", presentado oficialmente en [[La 2]] de Televisión Española o 12 de marzo de 1986, e mercede ó cal recibe o premio ó mellor solista do programa de [[Rafael Abitbol]] en [[Radio 3]]. Este maxisinxelo vén acompañado polos sinxelos promocionais "Dame un chupito de amor" e "Pepito el Grillo".
 
Por fin, tras case sete anos de silencio, a principios de 1996 volve gravar un disco en solitario, de novo en Nuevos Medios, que sae en maio co título de ''Carabás'', esta vez plagado de ritmos latinos e moi alonxado do [[pop]] que gravara durante toda a súa carreira.
 
=== En solitario: desde ''Carabás'' ===
Tralo novo álbum, en 1997 interviu nos coros da canción "Juncal" no disco ''Carbono catorce'' do grupo [[Vainica Doble]], e a finais dese mesmo ano Teo Cardalda e el volven reunirse ó ver os esperanzadores resultados do doble CD publicado seis anos antes, de modo que inician unha xira a nivel estatal que comeza o 17 de marzo de 1998 no Teatro Cervantes de [[Málaga]] coa presentación do novo disco en falso directo ''Vivo''; pero ó finalizar a xira e comprobar os discretos resultados comerciais do álbum, deciden abandonar o proxecto.
 
Paralelamente Germán Coppini preparou durante 2007 un novo proxecto, [[Lemuripop]], xunto ó artista multimedia [[Alex Brujas]], programador e dj do "New Order Club" e compoñente doutros proxectos como o grupo dark "Stereoskop" (xunto a Susana Egea), e Mask.
 
== Discografía ==
=== Con Siniestro Total ===
* "Ayudando a los enfermos" (EP) (DRO, 1981)
* ''¿Cuándo se come aquí?'' (DRO, 1982)
* "Sexo Chungo/Me pica un huevo" (sinxelo) (DRO, 1983)
 
=== Con Golpes Bajos ===
* "Golpes Bajos" (maxisingle) (Nuevos Medios, 1983)
* "Fiesta de los maniquies + Hansel y Gretel" (sinxelo) (Nuevos Medios)
* "Escenas olvidadas + Cena recalentada" (sinxelo) (Nuevos Medios)
* "A Santa Compaña'' (Nuevos Medios, 1984)
* "Colecciono moscas" (Maxisinxelo)(Nuevos Medios)
* "Devocionario'' (mini-LP) (Nuevos Medios, 1985)
* "La virgen loca + Las travesuras de Till") (sinxelo) (Nuevos Medios)
* "Desconocido + Ayes)(single) (Nuevos Medios)
* "Todas sus grabaciones 1983/1985'' (recompilación de tódolos seus temas en CD) (Nuevos Medios, 1991)
* ''Vivo'' (Nuevos Medios, 1998)
 
=== Con Nacho Cano ===
* "Edición limitada" (EP) (1986)
 
=== Con Anónimos ===
* "Anónimos" (CD) (2005)
 
=== Coa Orquestra de Música Espontánea de Galicia ===
* ''Semper audax ''(2015, póstumo)<ref>[http://praza.gal/cultura/8626/o-derradeiro-adeus-galego-a-german-coppini/ O derradeiro adeus galego a Germán Coppini], ''[[Praza Pública]]'', 18/1/2015.</ref>.
 
=== En solitario ===
* ''El ladrón de Bagdad'' (Hispavox, 1987)
* ''Flechas negras'' (Hispavox, 1989)
* ''Carabás'' (Nuevos Medios, 1996)
* ''Las Canciones Del Limbo'' (La Ecléctica Madrileña / Nuevos Medios, 2006)
 
== Vida persoal ==
En [[2013]] detéctanlle un [[cancro]] de [[fígado]], do que falece na [[24 de decembro|Noiteboa]] dese ano.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20060409124220/es.geocities.com/likhan2000/ Página dedicada a Germán Coppini]
 
{{Siniestro Total}}
 
{{ORDENAR:Coppini, German}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia]]
393.002

edicións