Marcelino Pardal Pouso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Marcelino Pardal Pouso''', nado en [[Ferrol]] o 2 de novembro de [[1917]] e falecido en [[Bèziers]] ([[Francia]]) o [[19 de maio]] de [[2009]], foi un [[anarquismo|anarquista]] [[Galicia|galego]], derradeiro galego en morrer dos que estiveron no [[campo de concentración de Mauthausen]] durante a [[segunda guerra mundial]].
 
== Traxectoria ==
Segundo o historiador [[Eliseo Fernández Fernández|Eliseo Fernández]], pertencía ás [[Juventudes Libertarias]]. Frecuentaba o [[Centro Obreiro de Cultura]] do barrio de [[Ferrol Vello]], que funcionaba como escola e como centro cultural. Foi futbolista do [[Racing de Ferrol]] dende 1933/34. Debutou na Segunda División co club verde en 1934/35. Xogou no Racing até pouco despois do estoupido da [[guerra civil española]], e trala toma da súa cidade polo [[bando nacional]] foi mobilizado polas tropas [[franquismo|franquistas]]. Mais tralo [[asasinato]] do seu irmán Paco, mariñeiro [[II República Española|republicano]] no [[acoirazado España]], decidiu mudar de bando. Pasou ao exército republicano, co que loitou na [[batalla do Ebro]]. Posteriormente cruzou os [[Pireneos]], e en Francia foi internado no [[campo de concentración de Agde]] para posteriormente ser incluído nas brigadas de traballo que construían a [[Liña Maginot|liña férrea a Maginot]].
 
Liña 12:
Trala liberación non quixo retornar a España, vivindo en Bèziers, sen conceder entrevistas e sen participar apenas en actos de homenaxe e lembranza. O Racing de Ferrol sondara a posibilidade dunha homenaxe, pero sen éxito.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/06/06/0003_7766505.htm?idioma=galego "Morre o último galego de Mauthausen"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'' ([[6 de xuño]] de [[2009]]).
 
{{ORDENAR:Pardal Pouso, Marcelino}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades do anarquismo de Galicia]]
[[Categoría:Exilio galego]]