Antonio Gil Merino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Antonio Gil Merino''', nado en [[Castrillo de Villavega]] ([[provincia de Palencia|Palencia]]), o [[4 de xuño]] de [[1916]], e falecido na [[A Coruña|Coruña]] o [[18 de outubro]] de [[2009]], foi un [[historia]]dor, arquiveiro e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Formación ==
Estudou o [[bacharelato]] en [[Santander]] e despois marchou a [[Valladolid]] a estudar Filosofía e Letras, onde se licenciou en [[1936]], pouco antes do estoupido da [[Guerra Civil Española]]. Comeza a traballar como profesor de bacharelato en [[Santander]] e [[Torrelavega]] ao rematar a guerra, ata que en agosto de [[1944]] aproba as oposicións a arquiveiro e é destinado á [[Biblioteca pública de Lugo]]. En [[1948]] ocupa o cargo de arquiveiro de Facenda en [[Lugo]], pero non abandona o seu traballo como bibliotecario: durante a súa xestión fusiónase a biblioteca da [[Deputación de Lugo|Deputación]] coa estatal, empréndese a creación de bibliotecas municipais nalgunhas vilas da provincia e créase o [[Arquivo Histórico Provincial de Lugo]], que preside.
 
== Académico ==
Nomeado director do [[Arquivo do Reino de Galicia|Arquivo Histórico do Reino de Galicia]], en [[1954]] é nomeado académico correspondente da [[Real Academia Galega]]. O [[13 de decembro]] de [[1975]] le o seu discurso de ingreso e convértese en membro de pleno dereito da institución, a proposta de [[Enrique Chao Espina]], [[Antonio Meijide Pardo]], [[Francisco Vales Villamarín]] e [[Eugenio Torre Enciso]]. En [[1993]], logo do falecemento de [[Juan Naya Pérez]], comeza a desenvolver o labor de arquiveiro da institución, pero non é nomeado oficialmente para o posto ata o 29 de novembro de [[1997]], cargo que ocupará ata o 16 de novembro de [[2005]].
 
Tamén foi membro de diversas institucións culturais, coma o [[Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses]] ou o [[Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos]].
 
== Obra ==
É autor de numerosos artigos e contribucións en [[arquivística]], publicados en revistas e volumes colaborativos. Tamén publicou unha biografía de [[José Cornide Saavedra]]: ''La vida y obra de Don José Cornide Saavedra (breve biografía)'' ([[1992]]).
 
== Vida persoal ==
Casado, tivo un fillo e unha filla<ref>[http://www.rememori.com/88869:antonio_gil_merino Nota necrolóxica de Antonio Gil Merino].</ref>. Foi soterrado no camposanto coruñés de [[Cemiterio de Santo Amaro da Coruña|San Amaro]].
 
Liña 19:
{{End box}}
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=397&card=ACA_CARD&day=29&month=11&year=2011&from=LIST&initial=G&letter=6&startIndex=1&count=100 Ficha na RAG]
 
{{ORDENAR:Gil Merino, Antonio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da historiografía de Galicia]]
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]