Uxío Romero Pose: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Uxío Romero Pose''', nado en [[Baio, Zas]] o [[15 de marzo]] de [[1949]] e falecido en [[Madrid]] o [[25 de marzo]] de [[2007]], foi un crego [[Igrexa Católica|católico]] galego, escritor e [[bispo]] auxiliar de [[Madrid]].
 
== Traxectoria ==
=== Carreira sacerdotal ===
Romero Pose cursou os estudos eclesiásticos no [[Seminario]] de [[Santiago de Compostela]] desde 1959 ata 1969, e foi [[ordenado sacerdote]] [[Igrexa Católica|católico]] na igrexa parroquial de Santa María de Baio polo daquela arcebispo de Santiago de Compostela, [[Ángel Suquía Goicoechea]], o [[27 de xullo]] de [[1974]].
 
Liña 9:
Nese momento, [[7 de marzo]] de [[1997]] foi ordenado bispo auxiliar de Madrid, sendo arcebispo da capital [[Antonio María Rouco Varela|Rouco Varela]] e ao mesmo tempo bispo titular da [[diocese]] [[África|africana]] de [[Turuda]]. Romero Pose encargouse de coordinar as delegacións de [[catequese]], [[liturxia]], pastoral educativa escolar, misións e relacións Interconfesionales. Ademais, foi membro do Consello Episcopal e do Consello Presbiteral, e en 2005, tamén formou parte do Consello de Presidencia da Comisión Central do III Sínodo Diocesano.
 
=== Campos de estudo ===
Foi profesor de Patrística na [[Universidade de Santiago de Compostela]] e o [[25 de novembro]] de [[2005]] foi nomeado vice-grande chanceler da [[Universidade Pontificia de Salamanca]]. Era un grande especialista no [[Camiño de Santiago]], e tamén en [[Prisciliano]] e en [[Exeria (escritora)|Exeria]], e escribiu diversos artigos sobre [[patrística]] e sobre estas dúas figuras do cristianismo antigo en revistas como ''[[Encrucillada]]'', ''[[Compostelanum]]'' ou ''[[A trabe de ouro]]''.
 
=== Obra ===
Estas son algunhas das súas obras máis extensas e importantes, ademais de multitude de artigos.
 
* ''El Camino de Santiago'', [[1989]], Ediciones Encuentro, Madrid
* ''Cristianismo e priscilianismo'', [[1990]], en "O Pensamento galego na historia: aproximación crítica", (coord. [[Xosé Luís Barreiro Rivas|X.L. Barreiro]]. Santiago de Compostela, [[Universidade de Santiago|Universidade]]
* ''El Espíritu Santo en los orígenes de la Iglesia'', [[1998]], [[Universidade de Deusto]], [[Bilbao]], en colaboración con Santiago Guijarro Oporto e Xabier Pikaza.
* ''Raíces Cristianas de Europa. Del camino de Santiago a Benedicto XVI'', [[2006]], Ediciones San Pablo, Madrid, 2006
 
* Edición da ''Demostración de la predicación apostólica'' de [[Santo Ireneo de Lyon]].
Liña 24:
 
{{ORDENAR:Romero Pose, Uxio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Bispos católicos de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Zas]]