Peter Benenson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
{{Cita|''...A súa vida foi un testamento valente do seu compromiso visionario para loitar contra a inxustiza no mundo... el sacou á luz a escuridade das prisións, o horror das cámaras de tortura e a traxedia dos campos de concentración de todo o mundo.''|<br><small>Irene Khan, secretaria xeral de Amnistía Internacional 2005</small>}}
 
== Traxectoria ==
Peter Benenson estudou historia na [[Universidade de Oxford]]. O seu gusto pola controversia aflorou axiña, cando formulou unha queixa diante do director da súa escola pola deficiente calidade da comida escolar, o que deu lugar a que se lle enviase unha carta á súa nai, na que se lle advertía sobre as "tendencias revolucionarias" do seu fillo. Aos 16 anos lanzou a súa primeira campaña: Acadar apoio escolar, durante a [[Guerra civil española]], para o comité de Axuda a España, que axudaba os orfos da guerra civil española, sen dúbida influenciado pola lectura de [[Arthur Koestler]] ''Spanish Testament'', na que se describían os horrores da represión [[franquismo|franquista]]. El mesmo afillou un bebés e contribuíu a sufragar a súa manutención. Logo adicou atención á situación dos [[xudeu]]s que fuxían da [[Alemaña]] de [[Hitler]]. A pesar de certa oposición, conseguiu que os seus amigos de colexio e as súas familias recadaran 4.000 [[libra esterlina|libras esterlinas]] para traer dous mozos alemáns xudeus á Gran Bretaña, co que probablemente salvou as súas vidas.
 
Liña 22:
Cando se cumpría o vinte e cinco aniversario de Amnistía Internacional, Benenson tivo unha idea: prendeu unha candea con arame de espiño enroscado en Saint Martin in the Fields. Foi o símbolo que se convertería no logotipo da organización. "A candea", dixo entón Benenson, "a primeira vez que a prendín tiña en mente un vello proverbio chinés: é mellor acender unha candea que maldicir a escuridade... A candea non arde para nós, senón para quen non puidemos rescatar da prisión, para quen foron tiroteados de camiño ao cárcere, para quen foron torturados, para quen foron secuestrados, para quen "desapareceron". Para eles é esta candea". O artigo escrito en maio de [[1961]], constituíu a acta fundacional de Amnistía Internacional.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.es.amnesty.org/noticias/noticias/articulo/fallece-el-fundador-de-amnistia-internacional/ Necrolóxica na páxina de Amnistia Internacional] {{es}}
* [http://www.amnistiacatalunya.org/edu//2/ai/benenson1961.html Texto de Peter Benenson ''Los presos olvidados''] {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en Londres]]