Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Comba (conversa | contribucións)
Engadido de bibliografía
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 43:
Despois dunha breve estadía en Nova York en compaña de Castelao, Tobío e mais a muller viaxaron a [[Cuba]]. Na Habana tomaron contacto con outros exiliados galegos [[Xosé Rubia Barcia]] e españois [[Manuel Altolaguirre]], pero tamén coa intelectualidade cubana como [[Alejo Carpentier]] ou [[Dulce María Loynaz]]. Na [[A Habana|Habana]] tentaron poñer en funcionamento un centro de ensino, pero un ano despois a escola non estaba aínda funcionando correctamente e decidiron marchar a [[Cidade de México|México]] en xaneiro de [[1940]]. Non conseguiron integrarse na sociedade mexicana e cinco meses despois, o [[30 de xuño]], embarcaron en [[Nova Orleáns]] cara a [[Montevideo]], pois Carmen Soler tiña a nacionalidade [[uruguai]]a.
 
En Montevideo Tobío comezou a traballar como xornalista no xornal ''[[El Día (Uruguai)|El Día]]'' e Radio Ariel o voceiro do [[José Batlle y Ordóñez|batllismo]], unha das correntes do [[Partido Colorado (Uruguai)|Partido Colorado]]. Nel facía análise e información de ámbito internacional, tamen colabora na emisión semanal, en galego de "Sempre en Galiza", ata que en [[1947]], xa asumido que a fin da [[Segunda Guerra Mundial]] non ía supor a fin do [[franquismo]], comezou a traballar no departamento de comunicación da farmacéutica [[suíza]] [[Rocher]]. En [[1945]] tiveron o seu primeiro fillo, Miguel, e en [[1954]] a filla, Constanza.
 
Tobío axiña contactou cos medios intelectuais da capital uruguaia, e tamén co exilio republicano e o [[exilio galego de 1936|exilio galeguista]]. Socio da [[Casa de Galicia de Montevideo|Casa de Galicia]], o centro máis importante de galegos do país, participou en numerosos actos, entre as que se contaron as visitas de Castelao en 1940, [[1944]] e 1945. Coa axuda de Tobío, presentouse o [[Consello de Galiza]] precisamente en [[Montevideo]], o [[30 de xuño]] de [[1945]], baixo a presidencia de Castelao. Tamén participou, en setembro de [[1950]] na primeira emisión radiofónica en galego, ''[[Sempre en Galicia]]'', que se emitía en [[Radio Carve]], unha das emisoras máis importantes de Montevideo; e máis tarde estivo na creación do [[Banco de Galicia]] de Uruguai.
Liña 50:
 
=== Regreso a España ===
A viaxe a España coincidiu cos seus últimos anos de vida profesional: unha década máis na empresa farmacéutica Roche e como diplomático do Ministerio de Exteriores desde 1974 ata 1976 que se xubila. A súa traxectoria intelectual aparece ligada aos vellos galeguistas de Madrid, nucleados ao redor de [[Borobó]], e ás súas investigacións sobre a figura do diplomático galego [[Diego Sarmiento de Acuña|o conde de Gondomar]]. Viaxou a miúdo a Galicia, tanto para visitar a amigos como para participar en actos e congresos, como simplemente de vacacións. Porén, a súa vivenda seguía establecida en Madrid. En 1986 faleceu a súa muller, e en 2003, el.
 
== Obras ==
Liña 89:
 
{{ORDENAR:Tobio Fernandez, Lois}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]