Thor Heyerdahl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Thor Heyerdahl''', nado en [[Larvik]], [[Noruega]], o [[6 de outubro]] de [[1914]] e finado en [[Andora]], [[Italia]], o [[18 de abril]] de [[2002]], foi un [[zooloxía|zoólogo]], [[xeografía|xeógrafo]], [[antropoloxía|antropólogo]] e explorador noruegués.
 
== Traxectoria ==
Foi o ideólogo e líder da expedición do [[Kon-tiki (expedición)|Kon Tiki]] (1947), na que nunha balsa construída a base de troncos e fibras vexetais naturais [[Sudamérica|sudamericanas]] percorreu os 8.000 km existentes entre [[Perú]] e as [[Illas Tuamotu]], na [[Polinesia]], xunto con outros cinco compañeiros. Deste xeito, demostrou que era tecnicamente posible que coas técnicas da [[América precolombina]] os nativos sudamericanos puideran sulcar o [[Océano Pacífico]] e colonizar as illas polinesias. A viaxe durou 101 días e toda a tripulación chegou en perfecto estado á Polinesia. A raíz da expedición publicou un libro, que foi traducido a 66 idiomas, e rodou un documental que conseguiu o [[Óscar]] ao mellor documental en 1951.
 
Posteriormente estivo involucrado noutras expedicións e proxectos [[arqueoloxía|arqueolóxicos]]. Tras un intento fallido o ano anterior, en 1970 conseguiu chegar nunha embarcación de papiro dende [[Marrocos]] ás [[Barbados|Illas Barbados]], demostrando que os habitantes do [[Antigo Exipto]] puideron ter chegado a América cruzando o [[Océano Atlántico]] aproveitando a [[corrente das Canarias]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.kon-tiki.no/ Museo Kon-Tiki] {{no}}.
 
{{ORDENAR:Heyerdahl, Thor}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da zooloxía]]
[[Categoría:Personalidades da antropoloxía]]