John Frankenheimer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Título galego
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''John Michael Frankenheimer''', nado en [[Nova York]] o [[19 de febreiro]] de [[1930]] e finado nos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] o [[6 de xullo]] de [[2002]], foi un director de cine e televisión [[Estados Unidos de América|estadounidense]], recoñecido polos seus dramas sociais e filmes de acción e suspense.
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira no cume da [[Guerra Fría]]<ref name=Allon>Yoram Allon, Yoram; Cullen, Hannah Patterson. ''Contemporary North American Film Directors'', Wallflower Press (2000) pp. 181-183</ref> e as súas 30 longametraxes para cine e 50 obras para televisión foron notables pola súa influencia no pensamento contemporáneo e convertérono nun pioneiro do thriller político contemporáneo. En moitos dos seus filmes creou dilemas psicolóxicos que tiña que resolver o seu protagonista masculino así como un forte "sentido do contorno"<ref name=Allon/> semellante en estilo aos filmes de [[Sidney Lumet]], para quen traballou como axudante de director. Dirixiu actores como [[Gregory Peck]], [[Donald Sutherland]], [[Jean Reno]], [[Lee Marvin]], [[Deborah Kerr]], [[Eva Marie Saint]] ou [[Steve McQueen]] e entre as súas películas máis coñecidas están ''[[O home de Alcatraz]]'' (1962), ''[[The Manchurian Candidate]]'' (1962), ''[[Seven Days in May]]'' (1964), ''[[The Train]]'', (1964), ''[[Grand Prix (filme de 1966)|Grand Prix]]'' (1966), ''[[Black Sunday]]'' (1977) e ''[[Ronin (filme)|Ronin]]'' (1998). Gañou catro [[Premios Emmy|Emmy]] consecutivos na década de 1990 polos telefilmes ''[[Against the Wall (filme)|Against the Wall]]'', ''[[The Burning Season]]'', ''[[Andersonville (filme)|Andersonville]]'' e ''[[George Wallace (filme)|George Wallace]]'', o cal tamén levou un [[Premios Globo de Ouro|Globo de Ouro]]. Foi considerado un dos últimos directores que levaban un control completo sobre todos os elementos da produción, o que facía o seu estilo único en Hollywood.
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
{{ORDENAR:Frankenheimer, John Michael}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Directores de televisión]]