Joseph Greenberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
insiro ligazón
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Joseph Harold Greenberg''', nado no seo dunha familia xudía en [[Brooklyn]] [[Nova York]], o [[28 de maio]] de [[1915]] e finado o [[7 de maio]] de [[2001]], foi un prominente e controvertido [[lingüística|lingüista]] e antropólogo africanista, coñecido polos seus traballos tanto na clasificación de linguas como en [[tipoloxía lingüística]]. Durante moitos anos traballou na [[Universidade de Stanford]] (Stanford University).
 
'''Joseph Harold Greenberg''', nado no seo dunha familia xudía en [[Brooklyn]] [[Nova York]], o [[28 de maio]] de [[1915]] e finado o [[7 de maio]] de [[2001]], foi un prominente e controvertido [[lingüística|lingüista]] e antropólogo africanista, coñecido polos seus traballos tanto na clasificación de linguas como en [[tipoloxía lingüística]]. Durante moitos anos traballou na [[Universidade de Stanford]] (Stanford University).
 
== Traxectoria ==
A reputación de Greenberg asenta en parte nas súas contribucións á [[lingüística sincrónica]] e a súa busca para identificar [[Universal lingüístico|universais lingüísticos]]. A fins da década de 1950, Greenberg comezou a examinar o corpus de linguas que cubrían unha vasta dispersión xeográfica e xenética. Localizou numerosos universais potencialmente interesantes, así como fortes tendencias de entrecruzamento lingüístico.
 
En particular, Greenberg ideou a noción de "[[universal lingüístico|universal implicatorio]]", que toma a forma: "se unha lingua posúe a estrutura X, entón debe tamén ter a estrutura Y". Por exemplo, X pode ser "vogais semianteriores redondas" e Y "vogais anteriores redondas". Este tipo de investigación foi continuada por moitos investigadores que seguiron o exemplo de Greenberg e constitúe aínda un importante fito na lingüística sincrónica.
 
Como [[Noam Chomsky]], Greenberg buscou descubrir as estruturas universais subxacentes na lingua humana. Diferentemente a Chomsky, a aproximación de Greenberg foi máis be empírica que lóxico-dedutiva. O achegamento de Greenberg, con frecuencia caracterizado como "funcionalista", é correntemente contraposto á aproximación racionalista de Chomsky. Un chamamento para reconciliar as posturas de Greenberg e Chomsky pode verse en ''Linguistic Universals'', editado por Ricardo Mairal e Juana Gil (2006).
 
Moitos dos que se opoñen con forza aos métodos clasificatorios de linguas (ver abaixo), porén recoñecen a importancia da súa obra tipolóxica, en particular do seu tremendamente influente artigo de 1963, "Some universals of grammar with particular reference to the order of meaningful elements."
 
=== Comparación masiva ===
Greenberg propuño un polémico método para buscar relacións históricas cando se compara demasiadas linguas como para que poida ser práctico o método tradicional de establecer relacións regulares entre [[son]]s; unha situación que aflora en particular cando se tenta estabelecer familias lingüísticas de longo alcance histórico en rexións do mundo onde só foron reconstruídas poucas familias lingüísticas ou mesmo ningunha, ou ben onde a diferenciación lingüística é especialmente grande. Este método foi acollido entusiasticamente por moi poucos especialistas de lingüística histórica (e por moitos xenetistas), mais foi rexeitado como "pseudociencia" pola maioría dos especialistas de lingüística histórica. Véxase [[comparación masiva]] léxica para discusións máis minuciosas.
 
Con o uso do método de comparación masiva, Greenberg chegou a efectuar numerosas clasificacións novas de linguas. Todas estas clasificacións foron rexeitadas cando apareceron por vez primeira, como incorrectas factualmente e insólitas metodoloxicamente. Desde entón, algunhas teñen sido aceptadas integramente; outras están xa rexeitadas e o estado doutras está pendente. Pódense ver adiante.
Liña 20 ⟶ 19:
: ''artigo principal: [[Linguas de África]]
 
Greenberg é amplamente coñecido polo se desenrolo dun novo sistema clasificatorio das [[linguas de África]], que foi publicado en [[1963]]. Tal clasificación foi por un tempo considerada moi ousada e especulativa, especialmente pola súa proposta da familia de [[linguas Nilo-saharianas]], pero é hoxe aceptada en xeral, excepto entre especialistas de lingüística histórica. Neste traballo, Greenberg cuñou o termo [[Linguas afroasiáticas|afroasiático]] en substitución do anterior "[[Linguas camito-semítas|camito-semítico]]".
 
A clasificación de Greenberg baseouse amplamente en traballos clasificatorios anteriores; realizou agrupacións de novas macrofamilias axuntando familias xa estabelecidas, para o que utilizou o seu método de comparación masiva. A clasificación foi usada en traballos posteriores e algúns especialistas en lingüística histórica propuxeron agrupamentos de familias lingüísticas aínda máis extensos. [[Harold C. Fleming]] introduciu a familia [[Linguas omóticas|omótica]] e Gregersen propuxo reunir a as familias [[Linguas Níxer-Congo|Níxer-Congo]] e a Nilo-saharianas nun grupo maior que denominou ''familia Congo-sahariana'', que foron á súa vez aceptadas por Greenberg, aínda que no caso da familia Congo-sahariana só implicitamente.
Liña 27 ⟶ 26:
 
=== Linguas Indo-Pacificas ===
En 1971 Greenberg propuxo a superfamilia [[Linguas Indo-Pacíficas|Indo-Pacifica]], que agrupa conxuntamente as [[linguas papúas]] (varias familias lingüísticas faladas en [[Papúa-Nova Guinea]] e rexións próximas que non usan [[linguas austronésicas]]), e as linguas nativas de [[Tasmania]] e máis as [[illas Andamán]], mais excluíu as [[linguas australianas]] aborixes. Este agrupamento está considerado pola maioría dos lingüistas como moi especulativo e non é aceptado por ninguén que traballe con as linguas de Papúa ou de Tasmania.
 
=== As linguas das Américas ===
Liña 40 ⟶ 39:
 
== Selección de obras de Greenberg ==
* 1957. ''Essays in Linguistics''. Chicago: University of Chicago Press.
* 1963 (ed.). ''Universals of Language.'' Cambridge: MIT Press.
* 1963. "Some universals of grammar with particular reference to the order of meaningful elements," in ''Universals of Language'', pp. 73–113. Cambridge: MIT Press.
* 1963. ''The Languages of Africa''. Bloomington: Indiana University Press. (Polo mesmo editor: segunda edición revisada, 1966; terceira edición, 1970. As tres edicións foron simultaneamente publicadas en A Haia por Mouton &. Co.)
* 1970. "Some generalizations concerning glottalic consonants, especially implosives." ''International Journal of American Linguistics'' 36, 123-145.
* 1971. "The Indo-Pacific hypothesis." In Thomas A. Sebeok et al. (editors), ''Current Trends in Linguistics, Volume 8: Linguistics in Oceania'', 807-871. The Hague: Mouton de Gruyter.
* 1978 (ed.). ''Universals of Human Language, Volume 1: Method and Theory.'' Stanford: Stanford University Press.
* 1978 (ed.). ''Universals of Human Language, Volume 2: Phonology.'' Stanford: Stanford University Press.
* 1978 (ed.). ''Universals of Human Language, Volume 3: Word Structure.'' Stanford: Stanford University Press.
* 1978 (ed.). ''Universals of Human Language, Volume 4: Syntax.'' Stanford: Stanford University Press.
* 1987. ''Language in the Americas''. Stanford: Stanford University Press.
* 2000. ''Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 1: Grammar''. Stanford: Stanford University Press.
* 2002. ''Indo-European and Its Closest Relatives: The Eurasiatic Language Family, Volume 2: Lexicon''. Stanford: Stanford University Press.
* 2005. ''Genetic Linguistics: Essays on Theory and Method'', edited by William Croft. Oxford: Oxford University Press.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Nostrático]].
* [[Luigi Luca Cavalli-Sforza]].
 
=== Ligazóns externas ===
* {{En}} *[http://www.unm.edu/~wcroft/Papers/JHGobit.pdf Joseph Harold Greenberg] por William Croft ([http://web.archive.org/web/20070202230326/http://www.unm.edu/~wcroft/Papers/JHGobit.pdf HTML version])
* {{Fr}} [http://www.ciep.fr/publications/genetique/genetique36.php A comparación en masa consonte Greenberg]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da lingüística|Greenberg, Joseph]]