Eugenio Granell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m quito non galego
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Eugenio Fernández Granell''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[28 de novembro]] de [[1912]] e finado o [[24 de outubro]] de [[2001]], foi un pintor e escritor galego.
 
== Traxectoria ==
Viviu a maior parte da súa infancia en [[Santiago de Compostela]]. En 1928 trasladouse a [[Madrid]] para cursar estudos de violín na Escuela Superior de Música. Alí coñeceu ao compositor e director [[Enrique Casal Chapí]]. Comenzou a asistir a faladoiros políticos e literarias nos cafés madrileños. Os seus amigos [[Benjamín Péret]] e [[Wilfredo Lam]] achégano á órbita do [[Partido Obrero de Unificación Marxista]] (POUM), no que comenzou a militar en 1935.
 
Ao iniciarse a [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] uniuse ás milicias para defender a capital e combinou esta actividade coa dirección de ''El Combatiente Rojo'', o periódico do [[POUM]]. Finalizada a guerra foi dobremente perseguido: dunha banda polo vitorioso exército fascista e por outra polos seus propios camaradas comunistas, ao ser considerado o POUM inimigo do [[comunismo]].
 
=== Exilio ===
En 1939 trasladouse a [[Francia]], pasou por diversos [[campos de concentración]] ata que, logo de varios intentos, conseguiu fuxir e chegar a [[París]] para buscar unha saída á súa situación, partindo a [[Sudamérica]]. No tren que o conducía ao porto de [[O Havre]] coñeceu a [[Amparo Segarra]], catalá que fuxía da represión franquista, que se converteu na súa compañeira.<ref>VV.AA., Eugenio Fernández Granell, Ministerio de Asuntos Exteriores, Dirección General de Relaciones Culturales y Científicas, Madrid, 2003.</ref>
 
Liña 17:
En 1958 coñeceu a [[Marcel Duchamp]], que loou a súa arte -poética e pictórica-, o que levou a Granell a reforzar a súa actividade como pintor surrealista. Ese ano trasladouse a [[Nova York]] de forma definitiva, e ingresou como catedrático de Literatura Española no [[Brooklyn College]]. Xunto á súa tese de doutoramento ''Sociological Perspectives of [[Guernica (cadro)|Guernica]]'' -coñecida en castelán como ''El Guernica de [[Picasso]]; el fin de una era española''- publicou ''Federica no era tonta y otros cuentos'' e ''La leyenda de [[Lorca]] y otros escritos''.
 
=== Regreso a España ===
Trasladouse a España definitivamente en 1985. Recibiu numerosos premios como a Medalla de Oro de las Bellas Artes e a Medalla de Ouro de Galicia (2001).
 
== Fundación Eugenio Granell ==
A [[Fundación Eugenio Granell]] estableceuse en [[Santiago de Compostela]] en 1995, cidade da que foi nomeado fillo adoptivo en 1997. A súa se principal está no [[Pazo de Bendaña]].
 
Liña 27:
 
==== Santo Domingo 1940-1947 ====
* ''El hilo del azar'' (s/f)
* ''Descanso en las nubes'' (1942)
* ''Figuras jugando'' (1945)
* ''Armida'' (1943)
* ''Amistad'' (1946)
 
As obras desta primeira etapa caracterízanse pola heteroxeneidade de [[iconografía]] e estilo, consecuencia de diversas influencias como as de [[Picasso]], [[Wilfredo Lam]] ou [[Joan Miró|Miró]]. Hai obras moi diversas; os seus trazos máis representativos son a facilidade de debuxo, unha maior tendencia cara cores máis planos que noutras etapas posteriores, organicidade de formas e unha valoración do oco xunto con certo dinamismo, influenciados pola obra de Picasso dos anos 20. Nesta etapa tamén hai unha presenza de figuras antropomorfas, como por exemplo en ''Armida'' (1943).
 
==== Guatemala 1947-1950 ====
* ''Cabeza de indio'' (1945)
* ''Curandero indio'' (1946)
* ''Los blasones mágicos del vuelo tropical'' (1947) <ref>{{Cita libro | autor= {{Versaleta| [[José Manuel Vázquez Varela|Vázquez Varela]], [[Ramón Yzquierdo Perrín|Yzquierdo Perrín]], [[José Manuel García Iglesias|García Iglesias]]}} e {{Versaleta|[[X. Antón Castro|Castro Fernández]]}} | ano=[[1996]] | título=100 obras mestras da Arte Galega | páxinas = 196-197 | localización=[[Vigo]] | editorial=Nigra Arte | isbn=84-87709-50-8}}</ref>
 
A influencia de [[Picasso]] volve estar moi presente nesta segunda etapa, na que leva a cabo unha serie de retratos de cabezas de [[amerindio]]s, como por exemplo ''Cabeza de indio'' ou ''Curandero indio''; que presentan trazos étnicos e mostran unha estética derivada do [[cubismo]] con elementos que refiren ás [[vangarda]]s históricas europeas. Así encontramos unha alusión a máscaras de civilizacións primitivas, con gran cromatismo, síntese de formas, trazos lineais grosos que definen o contorno e as liñas básicas da composición resólvense cun gusto xeométrico-construtivo (triángulos, rombos, trapecios...). Ademais caracterízanse pola ausencia de fondo, configurándose cunha cor plana ou con pequenos atisbos de gradación tonal.
 
==== Porto Rico 1950-1956 ====
* ''Noche de paz noche de amor'' (1956)
* ''Génesis probable del blasón'' (1956)
* ''La vitrina del entomólogo'' (1952-1954)
 
Trátase da etapa de plena madurez do pintor, nela as metamorfoses ampliarán o seu espectro e definición formal. A súa obra é máis pictórica que nunca, enfatizando a gradación tonal, a definición lineal, a descrición morfolóxica das súas criaturas, o relevo e o cromatismo. Deriva cara a construcións orgánicas, ás veces non exentas de erotismo e nas que será complicado recoñecer se neses conxuntos metamorfoseados se atopan persoaxes fantásticas, máquinas descoñecidas ou paisaxes oníricas e siderais. Hai polo tanto unha indefinición cognoscitiva que contrasta co gran detalle formal co que se resolven técnicamente as imaxes.
 
==== Estados Unidos 1956-1985 ====
* ''Figuras llamando a una puerta incendiada'' (1976)
* ''El volcán de agua'' (1954)
* ''La estrella de Perseo'' (1957)
* ''El palacio flotante en algas y corales'' (1963)
* ''La dama del aire'' (1976)
 
Nesta etapa comeza a variar a técnica de execución dos seus cadros e dibuxos paulatinamente. Nos cadros comezará a aplicar a pintura con pequenas pinceladas yuxtapuestas, a xeito de escamas, cun resultado final semellante a un mosaico, cuns contornos moi definidos que, como teselas, delimitan as formas e as cores. Preferencia pola [[Arte abstracta|abstracción]], na pintura desaparece a figuración en 1957, cando a familia aséntase definitivamente en [[Nova York]]. Estas características danse nalgúns cadros como ''El volcán de agua'', ''La estrella de Perseo'', ''El palacio flotante en algas y corales''. Trátase de antecendentes que darán pé aos ''Paisajes Mágicos''. Comezan as alusións semánticas ao paisaxe, como en ''El volcán de agua''.
 
No ano 1972 prodúcese unha volta á figuración, desaparecendo a técnica das pinceladas a xeito de escama, mudándoo por un estilo moi caligráfico de trazos barroquizantes. A cor adquirirá grandes dimensións chegando a ser en ocasións o aspecto máis rechamante dos cadros. As pinturas adquiren, máis que nunca, unha dimensión que se achega ao mundo da ilustración infantil, tomando presenza algúns xogos ou persoaxes próximos á estética da [[banda deseñada]]. Está presente a influencia do [[pop-art]].
 
==== España 1985-2001 ====
* ''Escaramuza tribal en el centro mismo de Madrid'' (1993)
* ''El pajarero busca a su ruiseñor'' (1993)
* ''El artista escultor atempera con flores la rebelión de sus monumentos'' (1989)
* ''El príncipe constante'' (1990)
 
Nesta etapa faise patente unha simplificación cromática e a redución dos elementos compositivos. É común que o fondo prescinda de escenografía, configurándose en líñas de horizonte simples ou quebradas, que delimitarán masas de cores planas de distinta intensidade. Estes recursos potencian a monumentalidade das figuras e incrementa a descrición das roupas e a morfoloxía das mesmas, provocando un forte contraste. Poténciase a falla de perspectiva e polo tanto, o achandamento do conxunto. Ademais hai un incremento do uso da cor negra, tanto como líña de contorno xeradora de formas como unha cor autónoma máis. Outro grupo de obras caracterízase por composicións máis barrocas, próximas á indefinición naturalista, con fortes contrastes cromáticos e ausencia de gradación tonal.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* {{cita web |url=http://www.fundacion-granell.org/actualidad/index.php |título=Páxina oficial da Fundación Eugenio Granell |data-acceso=1 xaneiro 2013.|idioma= galego, castelán e inglés |cita= }}
* {{Colección Afundación|111}}
* {{cita web |url=http://www.saladalmau.com/es/artistas/Eugenio-GRANELL.htm |título=Catálogo de Eugenio Granell en Sala Dalmau |data-acceso=8 de xaneiro de 2013 |idioma=catalán e castelán|cita= }}
* {{cita web |url=http://www.saladalmau.com/es/artistas/Eugenio-GRANELL_Prensa.htm |título=Selección de artículos de prensa sobre Eugenio Granell |data-acceso=8 de xaneiro de 2013 |idioma=catalán e castelán |cita= }}
* {{cita web |url=http://www.saladalmau.com/es/exposiciones/Eugenio-Granell---18-noviembre-2010----27-enero-2011.htm |título=Selección de obras de Eugenio Granell |data-acceso= }}
 
{{Medalla de Ouro de Galicia}}
 
{{ORDENAR:Granell, Eugenio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]