Ramón Sampedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 14:
'''Ramón Sampedro''', nado na parroquia de [[Xuño, Porto do Son|Xuño]] o [[5 de xaneiro]] de [[1943]] e finado en [[Boiro]] o [[12 de xaneiro]] de [[1998]], foi un mariñeiro, escritor [[Galicia|galego]] e defensor da [[eutanasia]].
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:As Furnas, Xuño, Porto do Son.jpg|miniatura|dereita|As furnas, [[Praia das Furnas]], [[Xuño, Porto do Son]].]]
Con 19 anos enrolouse na mariña mercante como mécanico co obxectivo de coñecer mundo. Aos 25 anos, o [[23 de agosto]] de [[1968]] un accidente na [[praia das Furnas]], en [[Porto do Son]], déixao [[tetraplexia|tetrapléxico]], sen poderse mover de pescozo para abaixo. Decidido a morrer, pero impedido fisicamente para [[suicidio|suicidarse]], emprende unha loita legal polo dereito a exercer a eutanasia. Co código penal [[España|español]], a [[eutanasia activa]], é dicir, a axuda a morrer a unha persoa que ten vontade de facelo pero que non pode facelo en por si, está castigada pola lei e considerada [[homicidio]].
Liña 22:
En xaneiro de [[1998]], e logo de vinte e nove anos sen poder moverse, leva a cabo un plan para acabar coa súa vida, coa axuda de diversas persoas. Envelénase con [[cloruro potásico|cianuro potásico]] e filma os seus últimos momentos e a súa [[morte]] cunha cámara de vídeo, para exculpar esas persoas. A xornalista [[Ramona Maneiro]] foi acusada de achegarlle o vaso co [[veleno]], pero foi absolta por falta de probas. Anos máis tarde, cando o [[delito]] xa prescribira, Maneiro recoñeceu que fora ela quen o asistira no suicidio.
 
== Obra ==
Escribiu dous libros: ''Cartas desde el infierno'' (1996) onde agrupou os seus escritos ata ese momento e, xa postumamente, o poemario ''Cando eu caia'' (1998).
* ''Cartas desde el infierno'' (Planeta, 1996)
* ''Cando eu caia'' ([[Edicións Xerais]], 1998)
 
== Cine ==
* ''[[Condenado a vivir]]'' é un telefilme realizado para a [[TVG]] en [[1999]] que leva á ficción a historia de Ramón Sampedro. O actor encargado de dar vida ó tetrapléxico coruñés é [[Ernesto Chao]].
* No [[2004]], [[Alejandro Amenábar]] levou as súas vicisitudes ao [[cine]] con ''[[Mar adentro]]'', filme que recibiu gran cantidade de premios, entre os que destacou un [[Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa]]. O papel de Ramón Sampedro interpretouno [[Javier Bardem]].
Liña 35:
* [http://web.archive.org/web/20000816230142/http://www.time.com/time/magazine/1998/int/980126/file.live_and_let_die.sh11.html ''Live and Let Die''], na revista TIME. {{en}}
{{ORDENAR:Sampedro, Ramón}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]