Jean-François Lyotard: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Jean-Francois Lyotard cropped.jpg|miniatura|220px|Jean François Lyotard.]]
 
'''Jean-François Lyotard''', nado en [[Versalles]] o [[10 de agosto]] de [[1924]] e finado en [[París]] o [[21 de abril]] de [[1998]], foi un [[Filósofo|filósofo]] [[Filosofía posmoderna|posmoderno]] coñecido especialmente pola súa orixinal [[filosofía]] do [[Desexo (filosofía)|desexo]] e por propoñer unha [[política]] favorable ás [[minoría]]s e un horizonte que conduciría a refutar calquera forma de terror e [[totalitarismo]], así como pola súa análise sobre o impacto do [[posmodernismo]] na condición humana.
 
== Traxectoria ==
Casou en maio de 1948. Estudou na escola primaria “Lycées Buffon” de [[París]], e despois da súa graduación, en 1950, marchou a Constantine (no leste de [[Alxeria]], por entón ocupada por Francia) para traballar como profesor de [[filosofía]]. En 1954 fíxose membro de [[Socialismo ou barbarie]], organización política formada en 1948 ante a insuficiencia da análise trotskista para explicar as novas formas de dominación na [[Unión Soviética]]. Os seus escritos deste período preocúpanse sobre todo pola política de extrema esquerda, enfocándose na situación arxeliana da que foi testemuña cos seus propios ollos mentres ensinaba filosofía en Constantine.
 
Comezou a dar clase na [[universidade de París VIII]] ([[Vicennes]]) dende a década dos setenta ata que chegou a profesor emérito no 1987. Tamén foi director fundador e membro do concilio do [[Colexio Internacional de Filosofía]], en París. Antes da súa morte pasaba o seu tempo entre París e [[Atlanta]], onde esinaba Francés e Filosofía na universidade de Emory.
 
En 1998, morre de improviso dun caso de leucemia que avanzara rapidamente mentres se preparaba para una conferencia sobre o [[postmodernismo]] e a Teoría dos medios de comunicación. Foi enterrado no cemiterio Le Père Lachaise, en París.
 
== Filosofía posmoderna ==
Lyotard foi un filósofo posmoderno. O pensamento deste grupo de filósofos, baseabase xusto no contrario ca o modernismo. Así, podemos dicir que para comprender o postmodernismo é preciso ter polo menos unha pequena idea do que é o modernismo.
 
Liña 21:
Cabe resaltar dous puntos principais da filosofía de '''Lyotard''', relaccionados, ámbolos dous, coa [[ciencia]]. En primeiro lugar, para Lyotard, a ciencia non ten autoridade para dicirnos o que se debe facer, posto que os criterios científicos deixaron de ter a validez suficiente para lexitimar a propia ciencia, co que deixa de contribuír ao desenvolvemento humano. O segundo punto podería resumirse coa frase "coñecemento é poder". A investigación científica xamais é inocente e pura, senon que sempre está estreitamente ligada á vontade de dominio e aos medios materiais. O máis poderoso sempre ten a razón.
 
En canto á súa mentalidade [[Política|política]], é preciso dicir que foi [[marxismo|marxista]] ata os 50 anos, momento no cal comezou a criticar o totalitarismo promovido por esta [[Ideoloxía|ideoloxía]].
 
== Obra ==
* ''La Phénoménologie'' (1954)
* ''Économie libidinale'' (1974)
* ''La Condition postmoderne: rapport sur le savoir'' (1979), onde examina os cambios que teñen lugar no campo do saber na era postindustrial; pode considerarse unha obra epistemolóxica ou de socioloxía da cultura.
* ''Le Différend'' (1983), no que refuta as explicacións universais.
* ''L'inhumain: Causeries sur le temps'' (1988)
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.iep.utm.edu/l/Lyotard.htm Lyotard] na ''Enciclopedia de Filosofía'' {{en}}
* [http://reflexionesparaperdereltiempo.blogspot.com/2006/09/jf-lyotard-y-la-postmodernidaduna.html Lyotard e o Postmodernismo] {{es}}
* [http://web.archive.org/web/20021017001915/http://www.geocities.com/Athens/Parthenon/3749/lyotard.html biografía do autor]
 
{{ORDENAR:Lyotard, Jean-François}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Francia]]