Mobutu Sese Seko: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Mobutu Sésé Seko Nkuku wa za Banga''' ([[Lisala]], [[1930]] — [[Rabat]], [[1997]]) foi o presidente do [[Zaire]] (agora [[República Democrática do Congo]]) entre [[1965]] e [[1997]].
 
== Traxectoria ==
Mobutu naceu como '''Joseph-Désiré Mobutu''' o [[14 de outubro]] de 1930 nunha pequena aldea da selva no entón [[Congo Belga]], o seu pai morreu cando el tiña oito anos e van ser o seu avó e un tío quen coiden del, estuda nunha misión católica pero expúlsano pola súa conduta violenta, mesmo pasa seis meses na cadea ata que como castigo entra en [[1949]] no exército colonial por un período de sete anos, chega a sarxento maior, o máximo posto que ao que podía obter un negro, deixouno en [[1956]] e traballou como xornalista e editor e viaxa pola primeira vez a [[Europa]], a un congreso en [[Bruxelas]], onde permanece un tempo e alí en [[1958]] uniuse ao nacionalista [[Movemento Nacional Congolés]] (MNC). Ao obter o Congo a independencia o [[30 de xuño]] de [[1960]] o novo goberno nomeouno secretario e estado de defensa, pero o goberno era inestable polas rivalidades entre o primeiro ministro [[Patrice Lumumba]] e o presidente [[Joseph Kasavubu]]. O [[14 de setembro]] de [[1960]] un golpe de estado retirou a Lumumba do poder e el como xefe de estado maior é o encargado de arrestalo, ao que seguiu o seu asasinato pouco despois e o país entra nun período de caos.
 
Liña 11:
Cando o seu goberno deu a orde en novembro de 1996 de obrigar aos tutsis a deixar Zaire baixo a pena de morte, rebeláronse. Dende o leste de Zaire, co apoio do presidente [[Paul Kagame]] de Ruanda e de [[Uganda]], lanzaron unha ofensiva co apoio de opositores locais a Mobutu e marcharon cara Kinshasa, a resistencia do exército cesou en marzo, e o [[16 de maio]] os tutsis xunto á Alliance des Forces Democratiques pour la Liberation du Congo-Zaire (AFDL) entraba en Kinshasa. Zaire cambio de nome para República Democrática do Congo. Mobuto marchou ao exilio, primeiro a [[Togo]] e logo a [[Morrocos]]. [[Laurent-Désiré Kabila]] converteuse no novo presidente.<br />
Mobutu morreu en [[setembro]] de [[1997]] dun cancro de próstata.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Presidentes da República Democrática do Congo|Sese Seko, Mobutu]]