Francisco Comesaña Rendo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiño
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Francisco Comesaña Rendo''', nado en [[Cienfuegos, Cuba|Cienfuegos]] ([[Cuba]]) en [[1913]] e finado en [[Tui]] en [[1997]], foi un médico e político galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de emigrantes [[Tui|tudenses]], regresou a Galicia con seis anos. Estudou en Tui e despois Medicina na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. En [[1931]] coñeceu á que sería a súa muller Ascensión Concheiro García, estudante de Maxisterio. Afiliouse ás Juventudes Socialistas, das que foi secretario xeneral, e trala fusión coas Juventudes Comunistas, foi presidente das Juventudes Socialistas Unificadas. Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] participou na defensa de [[Ordes]] e foi detido en Compostela. Foi encarcerado na Falcona, nos baixos do Pazo de Raxoi. En decembro iniciouse o Consello de guerra no que foi condenado a morte por rebelión militar xunto a outros quince compañeiros o [[22 de decembro]]. Foi tamén sancionado en concepto de responsabilidade civil con 500.000 pesetas. Ao ter nacionalidade cubana, a súa familia comezou as xestións para lograr o indulto. O mesmo día [[11 de febreiro]] de [[1937]], cando foron fusilados os seus compañeiros, concédenlle o indulto. Foi trasladado á cadea da Coruña, onde permanece ata [[1939]], e despois foi enviado ao sanatorio penal Porta Coeli da serra de Valencia. En [[1941]] casou por poderes con Ascensión Concheiro García. Foi trasladado á prisión de [[Vigo]], onde foron agrupados todos os presos de orixe cubana. Revisado o seu proceso, foille rebaixada a condena de trinta anos a seis anos e un día, e saíu en liberdade condicional en agosto de [[1943]]. Retomou o seu traballo como médico e prestou apoio sanitario a escapados e á guerrilla. En [[1944]] exiliouse coa familia en [[Cuba]].
 
Liña 9:
Barca na súa novela ''[[O lapis do carpinteiro]]''.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Voces da memoria. Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista|nome= Beatriz|apelidos= Pérez Graña|ligazónautor= |coautores= |ano= 2003|editor= Concello Universidade|localización= Santiago de Compostela|isbn= 84-9750-267-1|páxina= |páxinas= |dataacceso=25 de xaneiro de 2013 |url=http://books.google.es/books?id=iudbUcbPV_cC&pg=PA32&lpg=PA32&dq=%22fRANCISCO+Comesa%C3%B1a+Rendo%22&source=bl&ots=8sK3ovOtcq&sig=Odv20JIzjcyYD0fTYo3fZ-rf80U&hl=gl&sa=X&ei=hg0EUZy_L-7Y0QW0ioCQDA&ved=0CDEQ6AEwAQ#v=onepage&q=%22fRANCISCO%20Comesa%C3%B1a%20Rendo%22&f=false}}
* {{Cita publicación periódica |nome= David|apelidos= Simón Lorda|ligazónautor= |ano= 2012|título= Recuperando a Memoria (histórica) na sanidade galega (IV): GALENOS de GALICIA: Guerra Civil e represión polo franquismo|revista= Cadernos de Atención Primaria|volume= 18|número= |páxinas= 166|editor= |doi= |url= http://www.agamfec.com/pdf/CADERNOS/VOL18/vol_4/Humanidades_2_Cadernos_Vol18_n4.pdf|dataacceso=26 de xaneiro de 2013}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://tudensia.blogspot.com.es/2012/12/centenario-do-dr-francisco-comesana-e.html Próximo centenario do Dr Francisco Comesaña e de Choncha Concheiro]
* [http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/4886/ Ficha en Nomes e Voces]
 
{{ORDENAR:Comesanna Rendo, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Médicos de Galicia]]
[[Categoría:Exilio galego]]