Diferenzas entre revisións de «Domingo Quiroga»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(lig ints; + cat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Domingo Quiroga Ríos''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1900]] e finado en [[1992]], foi un investigador e xornalista galego, experto pesqueiro, e defensor dunha pesca responsábel e da protección do medio ambiente mariño.
 
== Traxectoria ==
Estudou no Seminario, pero abandonou para emigrar. Entre [[1920]] e [[1930]] permaneceu en [[Estados Unidos de América|EEUU]], [[México]] e [[Cuba]], traballando como redactor de ''[[Eco de Galicia]]'' (da que foi subdirector) e ''[[Heraldo de Galicia (A Habana)|Heraldo de Galicia]]'' e como colaborador de ''El País''. Foi fundador da Alianza Republicana Española de Cuba en [[1929]]. Ao seu regreso a Galicia en 1930 reanudou os seus traballos na prensa en ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]''. Foi funcionario vinculado a temas pesqueiros durante a [[Segunda República Española|República]]. En [[1955]] foi nomeado Oficial de Pesquerías pola [[Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura|FAO]], dous anos despois foi trasladado ao Esquema de Integración Centroamericana, con residencia no [[O Salvador|Salvador]], e en [[1958]], tamén pola FAO, foi enviado ao Instituto Nacional de Pesca de [[Cuba]]. Dende 1961 ata 1965 permaneceu no Instituto Nacional de Pesca de [[Ecuador]].
 
En [[1983]] foille concedida a medalla ao mérito social marítimo do Instituto Social da Mariña.
 
== Obra en galego ==
=== Obras colectivas ===
* ''Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega'', en ''Introdución á economía galega de hoxe'', [[1969]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]].
 
== Obra en castelán ==
=== Ensaio ===
* ''El mito del Hispanoamericanismo'', [[1927]].
* ''¿Quién es y a dónde va [[Santiago Casares Quiroga]]?'', [[1932]], Imprenta Moret. A Coruña.
* ''La pesca de arrastre en Galicia y sus problemas'', [[1961]], Galaxia.
* ''La pesca de la merluza con nudo gordiano'', [[1968]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* [[Fernando González Laxe|González Laxe, F.]] (1998). “A modo de lembranza”. Labarta, U. e cols. (eds). ''Domingo Quiroga. Artículos (1969-1986)''. Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela. p. 11-13.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ceida.org/centro-documentacion-domingo-quiroga/domingo-quiroga.html Biografía]
 
{{ORDENAR:Quiroga Rios, Domingo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
393.002

edicións