Henri de Lubac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Henri de Lubac''', nado o [[20 de febreiro]] de [[1896]] en [[Cambrai]] e finado o [[4 de setembro]] de [[1991]] en [[París]], foi profesor da Historia das Relixións e de Teoloxía fundamental no Instituto teolóxico de [[Lión]] e na Facultade de teoloxía de [[Lión-Fourvière]]. Membro da Academia das ciencias morais e políticas de [[París]] dende 1958. Deu un pulo renovado á teoloxía católica afondando nos [[Pais da Igrexa]]. Inicialmente perseguido, salientou, xunto a pensadores daquela considerados progresistas como [[Yves Congar]] e [[Joseph Ratzinger]], na redacción dos máis importantes documentos do [[Concilio Vaticano II]], que supuxeron o trunfo das teses aperturistas fronte ás resistencias da curia vaticana. Hoxe é recoñecido como un dos grandes teólogos católicos do século XX. [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]] creouno [[cardeal (relixión)|cardeal]] honrando así a súa traxectoria vital e intelectual.
 
== Traxectoria ==
 
Entrou na [[Compañía de Xesús]]. Foi ferido na [[primeira guerra mundial]]. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]], participou activamente na [[Resistencia Francesa]] contra a ocupación alemá e o [[nacionalsocialismo]], levando unha vida militante na clandestinidade.
 
Como profesor, empezou impactando co seu completo e elaborado ensaio ''Catolicismo, aspectos sociais do dogma'', onde condena unha visión individualista da relixiosidade cristiá. Creou con [[Jean Daniélou]] as ''Sources Chrétiennes'', colección de textos fundamentais da historia e literatura cristiá. En 1950, inicia os seus estudos verbo dos [[Pais da Igrexa]] reivindicando figuras discutidas pero básicas para entender o desenvolvemento do pensamento cristiá como [[Oríxenes]].
 
A súa énfase na natureza humana e a súa continuidade e plenitude na vida da [[graza]] divina, así como a súa visión dinámica e non conservadora da [[tradición]], provocou a súa persecución e a prohibición de escribir e ensinar. Con todo, [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] contará con el para a realización de traballos clave no [[Concilio Vaticano II]]. Dende ese momento convértese nunha figura indiscutida no pensamento católico.
Liña 16:
Finalmente, admirado por [[Xoán Paulo II]], aceptou ser creado cardeal en 1983.
 
== Pensamento ==
 
=== O Sobrenatural ===
 
En 1946, na súa obra ''Surnaturel, Ètudes historiques'', de Lubac apela a [[Tomé de Aquino]] purificándoo das deformacións da [[escolástica (filosofía)|escolástica]] enfrontada ao [[protestantismo]] e o [[xansenismo]]. Pretende establecer unha continuidade entre o natural e o sobrenatural. O home foi dotado polo creador dunha inclinación cara a transcendencia infinita, cara a eternidade e a plena felicidade. Só a acción de Deus pode colmar ese degaro. Non cabe unha división tallante entre a orde natural e a orde sobrenatural. A encíclica de [[Pío XII, papa|Pío XII]] ''Humani generis'' foi o resorte dunha teoloxía cristiá integrista, que atacou estas formulacións ata acadar a súa censura e a sanción do que se chamou ''nouvelle théologie''. O autor sufrirá a condena ata a súa rehabilitación e recoñecemento por Xoán XXIII.
 
=== Dimensión social e histórica do catolicismo ===
 
Para de Lubac, o catolicismo é esencialmente social no seu núcleo misterioso, na súa esencia dogmática auténtica e na súa praxe aberta ao mundo, especialmente aos que sofren a inxustiza e aos desfavorecidos. O [[Evanxeo]] é literalmente unha noticia alegre que se fundamenta na perfecta simbiose entre pluralidade e unidade da comunidade humana.
Liña 36:
As promesas de progreso material, como as do [[marxismo]], someten aos homes a unha sociedade futura para a que se inmolan sen poder acadala. Fronte e isto, o [[materialismo]] do mundo occidental vive asolagado no tempo, na ansiedade dun futuro ignorado. Evadido nas satisfaccións, o home non acerta a concederse a satisfacción esencial que o axude a reencontrarse. Só o home será el mesmo, existirá por si mesmo, dende agora, se descobre en si, no silencio, algunha zona intacta, algún segundo plano misterioso ao que, sombría ou indiferente, banal ou tráxica, non invada a actualidade. Segundo de Lubac, isto pódeo experimentar o crente pois o alén, para el, está infinitamente máis preto que o porvir,infinitamente máis próximo que o que nós chamamos presente. É o eterno instalado no corazón de todo o desenvolvemento persoal ao que anima e orienta. É o verdadeiro Presente, sen o cal o mesmo presente é po inasible. Se os homes de hoxe están tan traxicamente ausentes uns dos outros é, ante todo, porque están ausentes de si mesmos, unha vez abandonado o Eterno que é o único que lles arraiga no ser e lles permite comunicar entre si. Para o crente, ningún problema nin preocupación humana lle resulta estraña; todos o atinxen dun xeito tanto máis profundo canto é máis consciente das súas repercusións eternas.
 
=== A Igrexa como realidade paradoxal ===
 
De Lubac ten reflexionado como poucos sobre as realidades contraditorias da Igrexa. Santidade e pecado, universalidade e fragmentación en grupúsculos pechados, escatoloxía e terrenalidade forman parte dunha oposición de contrarios nos que o autor albisca unha unidade esencial.
Liña 46:
Para de Lubac a graza de Cristo obra tamén fóra da Igrexa visible, da súa doutrina e dos seus sacramentos, pero sería absurdo para quen pode coñecer o anuncio salvador da Igrexa limitarse a si mesmo a plenitude da redención que se encontra nela.
 
== Obras ==
 
* ''Catolicismo, aspectos sociais do dogma''.
* ''Sobranatural''.
* ''O eterno feminino''.
* ''Meditacións sobre a Igrexa''.
* ''Paradoxo e Misterio da Igrexa''.
* ''Esexese medieval''.
* ''O drama do humanismo ateo''
 
{{ORDENAR:Lubac, Henri de}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Teólogos católicos]]
[[Categoría: Xesuítas]]
[[Categoría:Cardeais creados por Xoán Paulo II]]
[[Categoría:Nados no departamento do Norte]]