José Luis Bugallal Marchesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''José Luis Bugallal Marchesi''', tamén chamado '''Marathon''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[18 de setembro]] de [[1899]] e falecido na mesma cidade o [[26 de decembro]] de [[1989]], foi un xornalista e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Naceu no seo dunha familia de xornalistas. O seu bisavó fora [[Isidoro Araújo de Lira]], xornalista galegocubano de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]], e o seu pai o tamén xornalista [[Isidoro Bugallal]]. Estudou o [[bacharelato]] en [[Alemaña]] e licenciouse en [[Dereito]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]<ref>[http://www.farodevigo.es/opinion/3147/coloso-rande/172040.html El coloso de Rande], por [[José Manuel Ponte]], ''[[Faro de Vigo]]'', 18/10/2007</ref>. Como xornalista, colaborou con medios locais, como ''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', ''[[El Orzán]]'' e ''[[Marineda]]'', e tamén no ''[[ABC (xornal)|ABC]]'' e na ''[[Hoja del Lunes]]'' de [[Madrid]], pero o seu xornal principal, onde desenvolveu case toda a súa carreira, foi ''[[El Ideal Gallego]]''. Dedicouse sobre todo ao xornalismo deportivo.
 
En [[1951]] ingresou na [[Real Academia Galega]] a proposta de [[Manuel Casás]], [[Francisco Vales Villamarín]] e [[Ángel del Castillo López]]. Tamén foi membro da [[Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario]] e correspondente da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]].
 
== Obras ==
* ''El coloso de Rande'', [[1927]].
* ''El sentimiento lírico materno en la pintura de [[Ovidio Murguía]]'', 1951.
* ''La gaita en Britania'', 1956.
* ''Sofía Casanova: un siglo de glorias y dolores'', 1964.
* ''Compostela: piedra y alma'', 1983.
 
== Galardóns ==
* Medalla de Platino ao Mérito Deportivo.
* Premio de honra da Agrupación Española de Periodistas Deportivos.
* O concello da Coruña tenlle adicada unha rúa.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=112&card=ACA_CARD&day=17&month=11&year=2011&from=LIST&initial=B&letter=1&startIndex=1&count=100 Ficha na RAG]
 
{{ORDENAR:Bugallal Marchesi, Jose Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]