Diferenzas entre revisións de «Francisco Vázquez Díaz»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Francisco Vázquez Díaz''', coñecido como '''Compostela''', nado en [[Santiago de Compostela]] en [[1898]] e finado en [[San Juan de Puerto Rico]] o [[21 de febreiro]] de [[1988]], foi un escultor galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo dun canteiro, profesión que adoptou dende novo. Traballou en talleres composteláns e en [[1920]] marchou a [[Madrid]] para ampliar os seus coñecementos artísticos. De formación autodidacta, deuse a coñecer o día de ano novo de [[1927]] cando colocou as súas tallas de animais a carón dos leóns do [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], como acto reivindicativo por non dispor dun lugar axeitado para facer unha exposición. Foi expulsado pola Garda civil, pero a acción iconoclasta acadou o seu obxectivo pois, ao día seguinte o artista era coñecido en toda España.
 
A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.
 
== Homenaxes ==
De novembro de 2002 a febreiro de 2003, a súa obra volveu a Santiago de Compostela na mostra de 26 debuxos que realizou antes da Guerra Civil e algunhas das súas esculturas en madeira no Museo das Peregrinacións.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Compostela (Francisco Vázquez Díaz 1898-1988) ESCULTOR|nome= Carmen|apelidos= Vázquez Arce|ligazónautor= |coautores= |ano= 2011|editor= Universidad de Puerto Rico|localización= |isbn= }}
* [http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/segundo-libro-de-pinguinos-esculturas-en-madera-de-compostela--0/html/ff432fbe-82b1-11df-acc7-002185ce6064_65.htm ''Segundo libro de pingüinos: esculturas en madera de Compostela''] na [[Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.exiliadosrepublicanos.info/en/content/francisco-v%C3%A1zquez-d%C3%ADaz-compostela Biografía en exilad@s]
* [http://elpais.com/diario/1988/02/23/agenda/572569203_850215.html Necrolóxica] en ''[[El País]]''
 
{{ORDENAR:Vazquez Diaz, Francisco}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escultores de Galicia]]
[[Categoría:Exilio galego]]
393.002

edicións