André Leroi-Gourhan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 15 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q381678
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''André Leroi-Gourhan''' (nado o [[25 de agosto]] [[1911]] en [[París]] e falecido o [[19 de febreiro]] de [[1986]], tamén en Paris) foi un [[etnólogo]], [[arqueólogo]] e [[historiador]] francés, especialista na [[prehistoria]]. É tamén un pescudador da tecnoloxía e da cultura, que soubo unir precisión científica e conceptualidade filosófica.
 
== Biografía ==
Aínda neno devecía polos corredores do [[Museo Nacional de Historia Natural]] e lía ''Les Hommes fossiles'' (''Os homes fósiles'') de [[Marcellin Boule]] que lle regalara a súa madriña. Alumno de [[Marcel Granet]], logo de [[Marcel Mauss]], que dirixiu a súa tese de doutorado en letras dedicado a ''A Arqueoloxía do Pacífico Norte''; ademais estudou ruso e chinés. Desde 1933 traballou nos departamentos de etnoloxía de diferentes museos, como o [[British Museum]] e o [[Musée de l'Homme]]. Deseguido foi nomeado ''chargé de mission'', durante dous anos, no Xapón, para o Musée de l'Homme e mais os Museos nacionais. De regreso en Francia, foi nomeado conservador adxunto do [[Museo Guimet]] entre 1940 e 1944. Neste mesmo ano (non esquecer que son os anos da II Guerra Mundial), foi enviado ao castelo de Valençay para velar por algunhas obras evacuadas do [[Louvre]], como a [[Venus de Milo]] ou a [[Victoria de Samotracia]]. Colaborou nas actividades da [[Resistencia interior francesa|Resistencia]], o que lle valeu en 1945 ser recompensado coa medalla da Resistencia, a cruz de Guerra e mais a cruz da Lexión de Honor. En 1946, converteuse en subdirector do Musée de l'Homme.
 
Comezou unha segunda tese doutoral, en ciencias, dedicada a ''Trazas de equilibrios mecánicos en cranio de vertebrados terrestres'' (1954). En 1956, sucedeu a [[Marcel Griaule]] na [[Sorbona]], na cátedra de Etnoloxía xeral e Prehistoria, logo foiprofesor no [[Colexio de Francia]] desde [[1969]] a [[1982]] e membro do [[Instituto de Francia]]. En [[1973]], recibiu a [[medalla de ouro do CNRS]] ([[Centre national de la recherche scientifique|Centro nacional de investigación científica]]).
 
== Leroi-Gourhan e a arte prehistórica ==
André Leroi-Gourhan propuxo unha visión radicalmente nova sobre a interpretación da [[arte paleolítica|arte rupestre]], baseada simultaneamente nos mesmos documentos, na análise das relacións de proximidade das obras e na súa posición respecto da topografía das covas. Procedeu a un tratamento estatístico das representacións e chegou a unha lectura simbólica das figuras, interpretadas como símbolos masculinos ou femininos.
 
== Leroi-Gourhan e os métodos de escavación arqueolóxica ==
No transcurso das escavacións que dirixiu na gruta dos Furtins en 1945, nas cavernas de [[Arcy-sur-Cure]] entre 1946 e 1963, e sobre todo no asentamento magdaleniense de [[Pincevent]] a partir de 1964, André Leroi-Gourhan contribuiu a renovar os métodos de escavación arqueolóxica. O [[sitio arqueolóxico|sitio]], excepcionalmente conservado, de Pincevent permitiulle desenvolver unha análise espacial dos hábitats prehistóricos, grazas á escavación por capas.
 
== Citas ==
* «A partir do intre no que o home non pode falar, porque está ausente ou morto, onde os arquivos non existen, dúas testemuñas subsisten: a arte e as técnicas» (''L'Homme et la matière'', Introduction)
* «Non se fai mellor Prehistoria amoreando machados puídos, como non se fai Botánica apañando leitugas no horto. »
 
== Principais publicacións ==
* ''L'Homme et la matière'', Paris, Albin Michel, 1943
* ''Milieu et techniques'', Paris, Albin Michel, 1945
Liña 25:
* ''Dictionnaire de la Préhistoire'', Paris, Presses Universitaires de France
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Brigitte et Gilles Delluc, « Hommage à André Leroi-Gourhan », ''Archéologia'', n° 212, 1986.
* Marc Groenen, ''Pour une histoire de la préhistoire'', Éd. J. Millon , 1994, ISBN 2-905614-93-5
Liña 32:
 
{{ORDENAR:Leroi-Gourhan}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Personalidades da arqueoloxía]]
[[Categoría:Nados en París]]