Ángel Botello Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Ángel Botello Barros''', nado en [[Cangas]] o [[20 de xuño]] de [[1913]] e finado en [[San Juan de Puerto Rico]] o [[11 de novembro]] de [[1986]], foi un pintor galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo dun conserveiro andaluz instalado en [[Cangas]], que en [[1918]] trasladou a súa industria a [[Vigo]], onde pasou a vivir a familia. O seu pai morreu ese ano pola gripe. A nai, Bonifacia Barros, fíxose cargo da industria pero en 1926 a familia tivo que emigrar a [[Bordeos]]. Alí comezou en 1930 os estudios de pintura, modelado e debuxo na Escola de Belas Artes e participou nalgunhas exposicións colectivas. En [[1935]] ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando grazas a unha beca concedida polo conde de Cartagena. Pasou breves períodos en Cangas e Vigo.
 
Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] a súa competencia como debuxante fixo que se integrase na Unidade de Cartografía do Exército da República, que dependía do xeneral [[Enrique Líster]]. Cando rematou a guerra exiliouse en [[Francia]] coa súa nai e dúas irmás, e en 1940 conseguiu chegar á [[República Dominicana]]. Pasou despois a [[Cuba]], [[Haití]] e [[Estados Unidos]] ata a súa definitiva radicación en [[Porto Rico]]. En Haití viviu entre 1944 e 1953, alternando estancias ocasionais en Porto Rico como profesor de debuxo na escola de Edna Coll e New York. A súa vida alí resultou decisiva, pois coñeceu á súa muller Christiane Auguste, coa que casou en 1945. En [[1953]] marchou a [[San Juan de Puerto Rico]], onde abriu unha galería no hotel Caribe Hilton. Nove anos despois abriu unha segunda galería na parte vella de San Juan. En Porto Rico coincidiu con [[Eugenio Fernández Granell]] e [[Francisco Vázquez Díaz]], "Compostela". Afectado por un cancro de pulmón, no seu último ano de vida desenvolveu unha frenética actividade para deixarlle á súa familia o maior legado artístico.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores|nome= Iago|apelidos= Santos Castroviejo|ligazónautor= |coautores= Nores Soliño, Antonio|ano= 2005|editor= A Nosa Terra|localización= Vigo|isbn= 84-96403-74-2|páxina= 812}}
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://arqueoloxico.com/cgi-bin/weblog_basic/index.php?p=1456 Biografía en Amigos do Arqueolóxico]
 
{{ORDENAR:Botello Barros, Angel}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Exilio galego]]