Carlos Varela Veiga: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Carlos_varela_veiga.jpg" que foi borrado en Commons por Hedwig in Washington. Motivo: Copyright violation: external source, no license, no p |
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
||
Liña 5:
'''Carlos Varela Veiga''', nado en [[Lugo]] o [[29 de outubro]] de [[1945]] e falecido en [[Malpica]] o [[20 de agosto]] de [[1980]], foi un [[cine]]asta galego.
== Traxectoria ==
=== Vida ===
Nace no barrio Feixoo de Lugo. Estudou na Universidade Laboral de [[Xixón]], onde se titulou como mestre industrial. En [[1965]] obtivo o título de [[deliñante]] naval pola [[Universidade da Coruña]]. Logo dunha breve estadía en Barcelona, onde traballou como técnico publicista, instalouse en Lugo, traballando como profesor de debuxo sucesivamente no colexio dos Irmans Maristas, nas Josefinas e no [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]], onde comezou a traballar no ano 1975.
Liña 13:
Faleceu en [[Malpica]], nun accidente provocado por unha [[bombona]] de butano.
=== Traxectoria artística ===
Dende comezos dos anos setenta traballou pola súa conta no [[deseño gráfico]], na [[cerámica]], co [[macramé]] e co [[liño]]. Tamén colaborou co pseudónimo Dourado en ''[[El Correo Gallego]]'' e en ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' facendo crítica cinematográfica. Os seus documentais, non editados en vida, foron filmados cunha cámara de [[súper 8]], e centráronse na recollida dos movementos de protesta da época da [[transición española|transición]] en Galicia: as manifestacións universitarias de Compostela en setembro de 1976, a constitución do [[Consello de Forzas Políticas Galegas]], as protestas contra a expropiación das [[As Encrobas, Cerceda|Encrobas]], contra a instalación da [[central nuclear de Xove]], no areal de [[Baldaio]], ou contra a cota empresarial da Seguridade Social Agraria.
Colaborou na organización das Xornadas de Cine de Ourense e a partir de 1977 traballou de reporteiro gráfico para o refundado semanario ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', co pseudónimo "Brais".
== Homenaxes ==
Na súa memoria, creouse en Santiago o [[Cineclube]] Carlos Varela Veiga, que se mantivo en activo entre [[1982]] e [[1987]]. En [[2005]] o director de cine [[Ramiro Ledo]] dirixiu o filme ''Cine Clube Carlos Varela'', onde se recollen parte das súas gravacións.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=44674 Vieiros]
* [https://vimeo.com/39649217 filme CCCV-Cineclube Carlos Varela]
{{ORDENAR:Varela, Carlos}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Directores de cine de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Lugo]]
|