Blas de Otero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Blas de Otero Muñoz''', nado en [[Bilbao]] o [[15 de marzo]] de [[1916]] e finado en [[Majadahonda]], [[Madrid]] o [[29 de xuño]] de [[1979]], foi un poeta en lingua castelá. Dúas son as súas obras principais, cada unha representativa dos seus dous ciclos poéticos principais: o desarraigado existencialismo de ''[[Ángel fieramente humano]]'' ([[1950]]) e a crítica social de ''[[Pido la paz y la palabra]]'' ([[1955]]).
 
== Biografía ==
Realizou os seus primeiros estudos nunha institución relixiosa da súa cidade natal para logo comezar [[Dereito]] en Madrid e rematala en [[Valladolid]]. Trala [[Guerra Civil]] exerceu brevemente de avogado nunha industria biscaíña e no [[1952]] tivo unha experiencia laboral nunha mina de ferro xunto cos pintores [[Agustín Ibarrola]] e [[Ismael Fidalgo]].
 
Dende o punto de vista ideolóxico pasou dun [[cristianismo]] dramático a un [[marxismo]] militante.
 
== Traxectoria poética ==
Distínguense dúas etapas principais e unha xa terminal na evolución poética de Blas de Otero:
 
=== Etapa [[existencialismo|existencialista]] ===
Crea nesta época unha poesía desarraigada, expresión do "[[eu]]" coas súas angurias existenciais. É, sobre todo, unha poesía metafísica, orientada a preguntarse polo sentido do home e do mundo. Escribe, así, poemas relixiosos dirixidos a un [[Deus]] arelado pero incomprensible, e tamén poemas amorosos, impregnados da mesma sede do [[Absoluto]].
 
Predominan nesta etapa as formas clásicas, principalmente o [[soneto]]. A linguaxe é violenta, dramática e cunha forte densidade estilística.
 
=== Etapa de [[poesía social]] ===
O poeta abandona o seu "eu" e pásase ao "nós". Os versos expresan agora arelas de paz, liberdade e xustiza social. Dirixe a súa poesía á "inmensa maioría" (en contraste con [[Juan Ramón Jiménez]], que adicaba a súa obra á "minoría, sempre"). Deste xeito, procura unha linguaxe máis sinxela, máis accesible. Concibe a poesía como loita e construción; efectivamente, xunto a esa actitude crítica (ata onde a [[censura]] lle deixou) aparece a chamada á esperanza, o desexo de transformar o mundo a través da poesía.
 
Emprega neste período o verso libre e as formas dos cantares populares.
 
=== Derradeira etapa ===
Inicia esta etapa en [[1965]]. Sen rexeitar a loita política, Otero desbota a poesía como medio para cambiar o mundo. Sabe que esa "inmensa maioría" non le os seus versos, polo que decide ser revolucionario na súa obra doutro xeito: na linguaxe poética e o enriquecemento formal das súas creacións, a través de imaxes insólitas, ritmos novos e mesmo toques surrealistas. Na temática, sen renunciar de todo aos problemas sociais e políticos, volve a cobrar presenza o íntimo.
 
Prefire no seu derradeiro ciclo poético as formas métricas moi libres, de considerable amplitude.
 
== Significación ==
Blas de Otero resume á perfección a evolución da poesía en [[lingua castelá]] a partir de [[1939]], da anguria vital á poesía social para rematar coa procura de novas formas. A súa obra conseguiu unir conciencia ética e rigor estético, converténdoo en figura clave da [[literatura]] do seu tempo.
 
== Obras ==
=== Etapa existencialista ===
* ''[[Ángel fieramente humano]]'' (1950).
* ''Redoble de conciencia'' (1951).
* ''Ancia'' (1958) (Fusión nun só volume dos dous anteriores, con algúns poemas novos).
 
=== Etapa de poesía social ===
* ''[[Pido la paz y la palabra]]'' (1955).
* ''En castellano'' (1959).
Liña 39:
* ''Que trata de España'' (1964).
 
=== Derradeira etapa ===
* ''Mientras'' (1970).
* ''Historias fingidas y verdaderas'' (1970).
Liña 45:
* ''Viejo camarada'' (1978).
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Lázaro, F. e Tusón, V. ([[1982]]). ''Literatura Española''. Ed. Anaya.
 
=== Ligazóns externas ===
* http://www.artepoetica.net/otero.htm
* [http://fundacionblasdeotero.org/ Fundación Blas de Otero]
 
{{ORDENAR:Otero, Blas de}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Poetas en lingua castelá]]