Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Camilo Barcia Trelles''', nado na [[A Veiga, Asturias|Veiga]] o [[15 de xullo]] de [[1888]] e finado en [[Santiago de Compostela]] o [[4 de decembro]] de [[1977]], foi un profesor e escritor asturiano.
 
== Traxectoria ==
A familia estableceuse en [[Ribadeo]]. Foi irmán de [[Augusto Barcia Trelles]]. Estudou nas universidades de Oviedo e Madrid. Gañou a cátedra de Dereito Internacional Público e Privado na Universidade de Murcia (1919). Foi candidato do [[PSOE]] por Alacant nas eleccións xerais de 1920. En 1920 pasou á Universidade de Valladolid. Coa [[Sublevación do 18 de xullo de 1936]] foi acusado de ser “masón e izquierdista” e apartado do cargo en abril de 1937. De 1937 a 1938 traballo «sen soldo» para o Servicio de prensa y propaganda de Falange sobre temas internacionais. Foi reposto como catedrático e trasladouse á [[Universidade de Santiago de Compostela]] en agosto de 1938, na que permaneceu ata a xubilación en 1958 como catedrático e decano da Facultade de Dereito. Foi membro numerario do Instituto de Dereito Internacional, Profesor de L’Academie de Droit Internacional de la Haya, membro de honra da Asociación Francisco de Victoria. Os seus estudos sobre problemas internacionais apareceron en varias publicacións de Madrid, como ''El Liberal''.
 
== Obras ==
* ''El problema de las islas Malvinas''.
* ''La política exterior norteamericana de la posguerra''.
* ''La codificación progresiva del derecho internacional''.
* ''Vázquez de Menchaca (1512-69). Sus teorías internacionales''.
* ''Francisco de Victoria, fundador del Derecho internacional moderno''.
* ''La Constitución norteamericana y el pacto de la sociedad de naciones''.
* ''Interpretación del hecho americano por la España universitaria del siglo XVI''.
* ''El imperialismo del petróleo y la paz mundial'', 1925.
* ''La política internacional de España y el destino del Mediterráneo''.
* ''Francisco Suárez (1548-1617). Internacionalistas españoles del siglo XVI''.
* ''Derecho Internacional Privado''.
* ''Francisco de Victoria''.
* ''El problema de la unidad del mundo posbélico''.
* ''El pacto del Atlántico''.
* ''Puntos cardinales de la política internacional española''.
* ''Doctrina Monroe y cooperación internacional'', 1931.
* ''Ante un nuevo giro de la política internacional norteamericana''.
* ''Estudios de política internacional y derecho de gentes'', 1948.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Colección de estudios en homenaje al profesor Camilo Barcia Trelles en sus bodas de plata como catedrático de Derecho Internacional'', 1945.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/2244_barcia-trelles-camilo Ficha na Fundación Pablo Iglesias]
* [http://elpais.com/diario/1988/07/15/cultura/584920804_850215.html El sentido de la perspectiva histórica]
 
{{ORDENAR:Barcia Trelles, Camilo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados na Veiga, Asturias]]
381.287

edicións