Georgii Zhukov: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
'''Gueorgui Konstantínovich Zhúkov''' (en {{lang-ru|Гео́ргий Константи́нович Жу́ков}}), nado o [[1 de decembro]] de [[1896]] e finado o [[18 de xuño]] de [[1974]] foi un xeneral soviético.
 
== Traxectoria ==
=== Inicios ===
Fillo de labregos, ingresou na academia de oficiais de cabalería por méritos propios ao non ser aristócrata. Foi condecorado en varias ocasións na [[Primeira Guerra Mundial]]. Participou como bolxevique na guerra civil rusa e foi condecorado por esmagar un levantamento labrego branco.
 
En [[1938]] dirixiu o exército soviético mongol que derrotou ás tropas xaponesas mediante a utilización pioneira de columnas móbiles blindadas.
 
=== Segunda Guerra Mundial ===
Tras o avance vitorioso do exército alemán na súa invasión de Rusia, se lle encomendou a defensa de [[Leningrado]], que logrou resistir. Máis adiante Zúkhov foi o xeneral que conseguiu frear aos alemáns ás portas de [[Moscova]] e rexeitalos e un aos que se lle debe a decisiva vitoria de [[Stalingrado]]. O último intento alemán a gran escala foi neutralizado por Zhúkov na colosal [[batalla de Kursk]]. A partir de aí Zúkhov será o líder militar que conduciría aos exércitos soviéticos ata [[Berlín]] ([[Operación Bragation]]). Esta foi unha turrada militar colosal que causou aos exércitos do Eixo case medio millón de baixas. [[Wilhelm Keitel]] asinaría perante el a rendición de Alemaña.
 
Comandou o desfile da vitoria na Praza Roxa de Moscova, pero máis tarde [[Stalin]] destinaríao a postos secundarios. Con [[Nikita Khrushchev]] foi un fugaz Ministro de Defensa ([[1956]]).
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Georgy Zhukov}}
 
{{ORDENAR:Zhukov, Georgi}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Militares da Unión Soviética]]
[[Categoría:Nados en 1896]]