Augusto Casas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Augusto María Casas Blanco''', nado en [[Ourense]] o [[25 de setembro]] de [[1906]] e finado en [[Barcelona]] o [[22 de decembro]] de [[1973]], foi un avogado e escritor [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Licenciado en Dereito pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1926]], marchou a [[Barcelona]] logo de aprobar ás oposicións ao Ministerio da Gobernación e alí residiu toda a súa vida. Foi membro do [[Seminario de Estudos Galegos]] e colaborou en diferentes revistas e xornais. En [[1926]] fundou, con [[Denys Fernández]], a revista ''[[Galaxia (1926)|Galaxia]]''. Comezou a escribir en castelán pero tamén ten moita obra en galego. É autor do artigo "Esquema da nova poesía galega", publicado na [[revista Nós]] en 1935.
 
É irmán do tamén escritor [[Álvaro de las Casas]].
 
== Obra ==
=== En castelán ===
* ''Alma triste'', 1924 (poesia).
* ''Panal y flor'', 1927 (poesia).
* ''Alí-Bey. Vida, viajes y aventuras de D. Domingo Badía'', 1943 (biografía).
* ''El Papa Luna'', 1945 (biografía).
* ''Fray Junípero Serra, el Apóstol de California'', 1949 (biografía).
* ''La tierra del alma y otros cuentos'', 1950 (narrativa).
 
=== En galego ===
==== Poesía ====
* ''O vento segrel'', 1932, [[Editorial Nós|Nós]].
* ''Cantigas da noite moza'', 1950.
* ''Isa folla que vai polo río'', 1954.
* ''Alén'', 1962.
* ''Servidume da treva'', 1964.
 
==== Narrativa ====
* ''Muiñada das estrelas'', 1926.
 
=== Traducións ===
* ''Las mejores poesías de Rosalía de Castro'', 1946.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.enciclopedia.cat/fitxa_v2.jsp?NDCHEC=0015635 Ficha en enciclopèdia.cat]
 
{{ORDENAR:Casas Blanco, Augusto}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]