Xosé Velo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
{{Sen referencias|data=setembro de 2015}}'''Xosé Velo Mosquera''', nado en [[Celanova]] o [[21 de abril]] de [[1916]] e finado en [[São Paulo]] o [[31 de xaneiro]] de [[1972]], foi un político independentista [[Galiza|galego]], tamén coñecido polo sobrenome de '''Carlos Xunqueira de Ambía'''.
 
== Traxectoria ==
Era fillo de [[Lino Velo Castiñeiras]], que fora alcalde conservador da vila, e Manuela Mosquera, quedando orfo de pai en 1926. Nos seus tempos de estudante no colexio dos Escolapios fixo amizade con [[Celso Emilio Ferreiro]], con quen a finais de 1932 organizou as Mocidades Galeguistas en Celanova e formou parte do primeiro Consello Nacional da [[Federación de Mocedades Galeguistas]] e foi elixido secretario xeral da FMG en abril de 1935 e o [[24 de abril]] casa con Jovita Pérez González.
 
Tralo [[Alzamento Nacional]] de 1936, a [[Garda Civil]] detívoo o [[21 de xullo]], aínda que saíu libre ao pouco tempo e o [[14 de marzo]] de [[1937]] tivo que se incorporar ao exército sublevado na División Acoirazada Brunete ata 1938 no que volta a Celanova e ao pouco tempo marchou á [[Guinea Ecuatorial|Guinea Española]], volveu ao remate da [[Guerra civil española]] e en novembro de 1939 abriu unha academia de ensino na súa vila. En 1943 trasladouse a Vigo, onde abriu outra academia, e por manter contactos con organizacións da oposición galeguista no exilio a policía detívoo en 1944. Beneficiado por unha amnistía sae en 1945 e permaneceu durante un ano agochado preto de Celanova.
 
== Exilio ==
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e tras a súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]], ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do Lar Gallego (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires]].
 
Liña 14:
 
{{ORDENAR:Velo, Xose}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1916]]