Juan R. Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig ext
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Juan R. Álvarez''', nado en [[Recaré, O Valadouro|Recaré]] ([[O Valadouro]]) o [[9 de xaneiro]] de [[1880]] e finado na Habana en marzo de [[1932]], foi un xornalista e filántropo galego.
 
== Traxectoria ==
Fillo de Manuela Álvarez Río, dunha familia de labregos acomodados. Estudou Latín e Humanidades na Preceptoría de [[Ferreira do Valadouro]]. Ingresou no [[Seminario de Mondoñedo]] en 1893, pero non chegou a rematar a carreira sacerdotal. Marchou a [[Madrid]] comenzou a traballar nunha xoiería da Carrera de San Jerónimo, da que chegou a ser socio. Foi membro do Centro Gallego de Madrid. En Ferreira foi cofundador do periódico ''[[El Valle de Oro]]''. En [[1906]] marchou a Cuba. Dedicouse ao comercio, foi importador dos reloxos "Lohengrin". Traballou para Santos y Álvarez e despois estabeleceuse pola súa conta. No Centro Gallego de La Habana foi vocal da sección de instrución e da sección de recreo e adorno e vicepresidente da sección de sanidade. Foi secretario da xunta directiva de 1912 a 1914. En [[1917]] foi vicepresidente da comisión executiva do Centro Gallego.
 
Foi un dos fundadores da [[Sociedad de Instrucción, Recreo y Protección El Valle de Oro]], na que ocupou o cargo de vicesecretario da primeira xunta directiva e en 1915 foi elixido presidente. Foi tamén secretario fundador do Comité Representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción, membro da Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega e da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. En 1922 foi elixido conselleiro da Caja de Ahorros y Banco Gallego do Centro Gallego da Habana.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/albumdaemigracion/detalle.php?id=108 Juan R. Álvarez no Álbum da Emigración]
 
{{ORDENAR:Alvarez, Juan R}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Cuba]]