Alejo Carrera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño referencia
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Alejo Carrera Muñoz''', nado en [[Vilasobroso, Mondariz|Vilasobroso]], [[Mondariz]], o [[17 de febreiro]] de [[1893]] e falecido tamén en Vilasobroso o [[18 de xullo]] de [[1967]], foi un xornalista galego, dono do [[castelo de Sobroso]].
 
== Traxectoria ==
Foi correspondente da [[Prensa escrita|prensa]] internacional en [[Lisboa]], e posteriormente desenvolveu traballos consulares na cidade. En [[1931]] fundou en Vilasobroso o seu propio xornal, chamado ''[[El Sobroso]]'', de orientación republicana. Nos derradeiros anos da súa vida colaboraba con artigos literarios como correspondente honorario do xornal ''[[Faro de Vigo]]''.
 
Liña 11:
{{End box}}
 
== Castelo de Sobroso ==
Mercou o castelo de Sobroso en [[1923]], nun estado ruinoso, por cinco mil pesetas e dedicouse á súa reconstrución (sen axuda económica do Estado) que quedou inconclusa co seu falecemento en [[1967]]. No castelo organizaba actividades literarias e culturais. Está soterrado xunto á entrada do castelo, no cemiterio de Vilasobroso, no seu mausoleo familiar. A súa filla, Zita Teresa Carrera Ferreira, herdou o castelo e posteriormente vendeullo ao concello de [[Ponteareas]].
 
== Galardóns ==
* Orde de Isabel a Católica
* Orde de Santiago e a Espada
* Académico non numerario da [[Real Academia Galega]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= O Condado na IIª República (1931-1939)|nome= Francisco|apelidos= Candeira Mosquera|ligazónautor= Francisco Candeira Mosquera|coautores= |ano= 1999|editor= Egasur|localización= Ponteareas|isbn= 84-930739-0-3}}
 
{{ORDENAR:Carrera Munnoz}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Alcaldes de Mondariz]]