Diferenzas entre revisións de «Paul Tillich»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Paul Tillich''', nado en [[Starzeddel]], [[Brandeburgo]], o [[20 de agosto]] de [[1886]] e finado en [[Chicago]] o [[22 de outubro]] de [[1965]], foi un [[teoloxía|teólogo]] [[protestantismo|protestante]] [[Alemaña|alemán]].
 
== Traxectoria ==
Estudou na universidade de [[Berlín]], na de [[Universidade de Tubinga|Tubinga]] e na de [[Halle]]. Recibiu o Doutoramento de [[Filosofía]] na Universidade de [[Breslau]] e lincenciouse en [[teoloxía]] na Universidade de Halle.
 
As súas ideas fanno entrar en conflito co [[nazismo]] e acaba sendo desposuido da súa posición. [[Reinhold Niebuhr]], na súa visita a Alemaña en 1933, ficou abraiado polos escritos de Tillich e animouno a traballar na facultade do [[Union Thological Seminary]] de [[Nova York]]. Aos 47 anos, Tillich exilouse a [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e comezou a perfeccionar o seu [[Lingua inglesa|inglés]] e a dar clases sobre filosofía da [[relixión]]. Foi, asemade, profesor visitante da Universidade de [[Columbia]]. Obtivo a nacionalidade americana. Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo [[budismo]], particularmente polo [[zen]], na súa experiencia xaponesa. Acadou o maior rango na [[Universidade Harvard]] e en [[1962]] mudouse á [[Universidade de Chicago]] ata a súa morte en [[1965]]. As súas cinsas están soterradas no chamado ''Paul Tillich Park'' en [[New Harmony]], [[Indiana]].
 
== Pensamento ==
[[Ficheiro:Paul Johannes Tillich's gravestone in the Paul Tillich Park, New Harmony, Indiana.jpg|miniatura|200px|Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, [[Indiana]], [[Estados Unidos de América|EUA]].]]
Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de ''correlación''. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamente ao da [[ontoloxía]], tal como a entendía o [[existencialismo]] en autores como [[Heidegger]]. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no [[cristianismo]]. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.
A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do [[universo]] físico que apunta ao [[misterio]] cualitativo das estruturas de cada partícula do mesmo, así como á estrutura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en [[Grecia]]. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(''agape''). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da [[alienación]] do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a el.
 
Na mensaxe cristiá, centrada no acontecemento de [[Xesús de Nazaret]], atópase a resposta ao dilema humano. Deus aparece como o substrato, a fondura de todo [[Ente|ser]] fronte a ameaza de non-ser na que se debate a existencia humana. Non é un ser senón o Ser mesmo. Só quen rexeita seriamente a a profundidade da realidade pode ser denominado ateo.
 
No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na [[resurrección]].
Fronte a [[Karl Barth]], para Tillich non hai oposición entre o Deus da [[razón]] e o Deus da [[Fe (relixión)|fe]]. No abismo de todo ser converxen o ser en sí e o Uno-Trino do Deus da revelación cristiá. Tamén difire de Barth en que o a [[Biblia]] non é para el a única fonte da teoloxía, a cal ten de abrirse a todas as formas de cultura e debe ser unha tarefa racional na confianza de que, no cristianismo, Xesús, o Cristo, é identificado como o [[Logos]] da Creación, o sentido do [[Universo|Cosmos]] e da [[historia]].
 
== Obras ==
* ''Teoloxía Sistemática''.
* ''A coraxe do existir''.
* ''A dinámica da fe''
* ''Amor, Poder e Xustiza''.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Paul Tillich}}
* [http://www.giffordlectures.org/Author.asp?AuthorID=169 Perfil de Tillich] {{en}}
 
{{ORDENAR:Tillich, Paul}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Teólogos luteranos]]
393.002

edicións