Diferenzas entre revisións de «Movemento obreiro»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "O movemento obreiro na súa orixe era unha asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais. == Orixe == As primeiras reaccións contra a i...")
 
O '''movemento obreiro''', na súa orixe, era unha asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais.
 
== Orixe ==
As primeiras reaccións contra a industrialización foron espontáneas e instintivas, sobresaíndo o [[ludismo]], que era un movemento que estaba en contra das máquinas xa que os obreiros crían que estas eran as causantes do seu desemprego e dos seus escasos salarios.
 
Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en [[Gran Bretaña]], dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros sindicatos (trade unions) que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.
 
O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o [[cartismo]], moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, [[sufraxio universal]], voto secreto, etc.).
 
Paralelamente, xurdiron teóricos que criticaban o liberalismo económico e que estaban a prol da solidariedade social. Estas persoas chamáronse socialistas utópicos, dos que salientanː
 
* [[Saint-Simon]]. Propugnou unha organización social por homes sabios e honestos, na que os beneficios se distribuísen equitativamente entre todos os compoñentes da sociedade.
 
* [[Robert Owen]]. Sostivo a creación de colonias xestionadas polos traballadores, e impulsou a primeira gran federación de sindicatos británicos.
 
* [[Charles Fourier]]. Propuxo a creación de falansterios, comunidades nas que o traballo debía distribuírse en función do talento e das inclinacións naturais de cada persoa.
 
* [[Pierre-Joseph Proudhon]]. Criticou a propiedade privada do Estado, e defendeu a creación de comunas, polo que se considera precursor do [[anarquismo]].
 
== Bibliografía ==
2.518

edicións