Movemento obreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Nova páxina: "O movemento obreiro na súa orixe era unha asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais. == Orixe == As primeiras reaccións contra a i..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2015 ás 19:24

O movemento obreiro na súa orixe era unha asociación de traballadores que pretendían mellorar as condicións sociais e laborais.

Orixe

As primeiras reaccións contra a industrialización foron espontáneas e instintivas, sobresaíndo o ludismo, que era un movemento que estaba en contra das máquinas xa que os obreiros crían que estas eran as causantes do seu desemprego e dos seus escasos salarios.

Amais, apareceron movementos asociacionistas que querían enfrontarse aos patróns. Aínda que en Gran Bretaña, dende 1825, estivesen prohibidas as asociacións obreiras xurdiron os primeiros sindicatos (trade unions) que pretendían conseguir melloras salariais e unha redución da xornada laboral.

O primeiro movemento obreiro ben organizado e cuns obxectivos políticos foi o cartismo, moi popular en Gran Bretaña entre 1838 e 1848 que defendía uns dereitos laborais e políticos na chamada Carta do Pobo (aumentos salariais, redución da xornada laboral, sufraxio universal, voto secreto, etc.).

Paralelamente, xurdiron teóricos que criticaban o liberalismo económico e que estaban a prol da solidariedade social. Estas persoas chamáronse socialistas utópicos, dos que salientanː

  • Saint-Simon. Propugnou unha organización social por homes sabios e honestos, na que os beneficios se distribuísen equitativamente entre todos os compoñentes da sociedade.
  • Robert Owen. Sostivo a creación de colonias xestionadas polos traballadores, e impulsou a primeira gran federación de sindicatos británicos.
  • Charles Fourier. Propuxo a creación de falansterios, comunidades nas que o traballo debía distribuírse en función do talento e das inclinacións naturais de cada persoa.
  • Pierre-Joseph Proudhon. Criticou a propiedade privada do Estado, e defendeu a creación de comunas, polo que se considera precursor do anarquismo.

Bibliografía