Diferenzas entre revisións de «Paulo VI, papa»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Giovanni Battista Montini''', nado en Concesio ([[Lombardía]]) o [[26 de setembro]] de [[1897]] e morto en [[Castel Gandolfo]], o [[6 de agosto]] de [[1978]], foi o [[Papa]] número 262 da [[Igrexa Católica]] co nome de '''Paulo VI''' (en [[latín]]: ''Paulus PP. VI'').
 
== Traxectoria ==
=== Infancia ===
Giovanni Battista Enrico Antonio Maria Montini naceu en [[1897]] en Concesio, unha poboación da [[provincia de Brescia]], en [[Italia]]. Foi o segundo dos tres fillos de Giuditta Montini (o seu apelido de soltera era Alghisi) e o avogado Giorgio Montini, quen tamén foi director do periódico ''Il Cittadino dei Brescia'', dirixente de [[Acción Católica]] e deputado polo Partito Popolare (democristiano) no [[parlamento italiano]].
 
=== Sacerdocio ===
Iniciou os seus [[Teoloxía|estudos teolóxicos]] no seminario diocesano de Brescia en 1916, aínda que debido á súa delicada saúde, é autorizado para continualos como alumno externo. Recibe a súa ordenación [[sacerdote|sacerdotal]] na catedral de Brescia o 29 de maio de 1920, e celebrou a súa primeira misa en Concesio, no templo da ''Madonna delle Grazie''. Comezou estudos de [[Dereito]] Civil na Universidade Estatal de [[Roma]] e de [[Teoloxía]] na Pontificia Universidade Gregoriana. Deixou esta última para ingresar na Escola Diplomática Vaticana. Ao Rematar, iniciou en seguida unha carreira na Secretaría de Estado pontificia que habería de durar máis de trinta anos.
 
=== Traxectoria no Vaticano ===
[[Pío XII, papa|Pío XII]] nomeouno, xunto con monseñor [[Tardini]] Prosecretario de Estado. As intrigas vaticanas e os desencontros con sor Pascualina,a familiar -unha especie de ama de chaves- de [[Pío XII]] e que era chamada "A Papisa" pola súa influencia sobre este, afastouno deste posto, sendo nomeado arcebispo de [[Milán]] o [[1 de novembro]] de [[1954]].
 
Durante a primeira sesión do Concilio, liderou ao grupo de bispos que tentaron darlle un pulo aperturista. Lograron formar comisións de traballo representativas das distintas realidades eclesiais, sen a tutela da Curia Vaticana. Botaron por terra os esquemas (borradores) de documentos que a propia Curia quería que fosen aprobados case sen debate, para abrir un tempo de diálogo e de maduración de documentos doutro rumbo. Nese tempo de dúbidas, cando uns documentos foron rexeitados e outros aínde están por nacer, pronuncia un histórico discurso onde lanza a pregunta que impulsará o avance do Conciio: "Igrexa, ¿que dis de ti mesma?".
 
=== Papado ===
{{PapS-XX}}
A morte de Xoán XXIII deixoulle ó seu sucesor a difícil tarefa de levar adiante o [[Concilio]] e aplica-las súas innovacións á vida da [[Igrexa Católica|Igrexa]]. Para esa tarefa foi elixido Montini en [[1963]], 18 días despois da morte do seu predecesor e a el correspondeulle a apertura da segunda sesión do Concilio Vaticano II o [[29 de setembro]] de [[1963]] e as seguintes sesións ata a súa posta en marcha a partir do [[7 de marzo]] de [[1965]]. O seu pontificado, por tanto, estivo marcado pola concreción do espírito do Concilio na renovación e modernización da Igrexa e das súas ensinanzas, reestruturou as institucións vaticanas, internacionalizou o [[Sacro Colexio Cardenalicio]] reducindo o predominio abrumador dos italianos, descentralizou o poder papal para impulsar unha maior colaboración dos fieis na vida da Igrexa, viaxou por todo o mundo para redobrar a presenza pública da Igrexa e deu un novo impulso ó diálogo ecuménico coas restantes confesións cristiás.
* ''[[Humanae Vitae]]'' (25 de xullo de 1968)
 
== Causa de canonización ==
O proceso diocesano para a súa [[causa de canonización]] comezou coa aprobación de [[Xoán Paulo II]] o [[11 de maio]] de [[1993]], recibindo o título de ''[[Servo de Deus]]''.
 
O [[20 de decembro]] de [[2012]], [[Bieito XVI]] aprobou a declaración das "Virtudes heroicas" do papa Paulo VI, dándolle o título de "Venerable".<ref>[http://www.news.va/en/news/paul-vi-on-the-path-to-sainthood Paul VI: on the path to sainthood], no Servizo de Novas do Vaticano, accedido o [[4 de xuño]] de [[2013]] {{en}}.</ref>
 
== Notas e referencias ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Don, Luitpold (1990). ''Pablo VI: El reformador solitario''. Editorial Herder, Barcelona. ISBN 84-254-1726-0
{{Commons|Paulus VI|Paulo VI}}
* [http://www.vatican.va/holy_father/paul_vi/index_sp.htm Indice do Papa Paulo VI na Web do Vaticano]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nados en 1897]]
393.002

edicións