Prudencio Rovira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Xas moveu a páxina "Prudencio Rovira Pita" a "Prudencio Rovira": nome máis coñecido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Prudencio Rovira Pita''', coñecido como '''Rovirita''', nado en [[Pontevedra]] o [[21 de setembro]] de [[1870]] e finado en [[Madrid]] o [[29 de febreiro]] de [[1960]], foi un avogado, político e xornalista galego.
 
== Traxectoria ==
Estudou no Colexio dos agostiños do Escorial e na [[Universidade de Madrid]]. Especializouse por libre en Historia, Literatura e Arte. Funcionario do Ministerio de Gobernación, dedicouse integramente ao xornalismo, traballando como redactor en ''El Correo'', ''La Correspondencia de España'' e ''El Español'' de [[Madrid]]. Foi secretario particular de [[Antonio Maura]] durante a maior parte da súa vida pública (1902-1925). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas [[Eleccións Xerais 1907 en España|eleccións de 1907]] e polo distrito da Pobra de Trives nas [[Eleccións Xerais 1919 en España|eleccións de 1919]], [[Eleccións Xerais 1920 en España|1920]] e [[Eleccións Xerais 1923 en España|1923]]. Continuou colaborando en periódicos, como ''Diario de Barcelona'' e ''El Diario Español'' de [[Buenos Aires]]. En galego publicou ''Hirmandade!'', un libro de poemas de contido [[Agrarismo|agrarista]]. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz do Mérito Naval.
 
== Obras ==
* ''[http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/consulta/registro.cmd?id=6982 El campesino gallego. (Apuntes sobre su condición social)]'', 1904.
* ''Tierra balear. Esbozos mallorquines'', 1913.
* ''Hirmandade! Poemiña de revolta'', 1918.
* ''Cartas son cartas'', 1949.
* ''Maura. Infancia y juventud'', 1953.
* ''Maura, acuarelista'', 1955.
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://tallerediciones.com/cuza_new/?p=632 El Parlamento de hace 110 años]
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28100250.NDIP.%29 Ficha no Congreso dos Deputados]
 
{{ORDENAR:Rovira Pita, Prudencio}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Deputados de Galicia]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]