Diferenzas entre revisións de «Luís Pintos Fonseca»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(amaño referencia)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Luís Pintos Fonseca''', nado en [[Pontevedra]] o [[26 de xaneiro]] de [[1906]] e finado na mesma cidade o [[25 de xullo]] de [[1959]], foi un pintor e gravador galego.
 
== Traxectoria ==
Iniciou a súa formación con [[Eduardo Rojas]] e con [[Carlos Sobrino Buhigas]] e [[Castelao]], que estimulou o seu interese polo gravado. Colaborou como debuxante na [[Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra]] (1923-1926), e en 1924 ilustrou ''Seara'' de [[Herminia Fariña]] e ''[[Os nenos]]'' (1925) de [[Filgueira Valverde]]. Empregou a linoleografía nas súas ilustracións para os xornais ''[[Galicia. Diario de Vigo]]'' e ''[[Faro de Vigo]]''. Foi bolseiro da [[Deputación de Pontevedra]] e formouse durante tres anos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. En [[1929]] instalouse definitivamente en [[Pontevedra]], onde exerceu como docente desde 1931 na Escola Normal e na Sociedade Económica de Amigos do País. Ilustrou as revistas ''[[Cristal (revista)|Cristal]]'', ''[[Logos (revista)|Logos]]'', ''[[Spes]]'' e ''[[Aturuxo (revista)|Aturuxo]]''. Vinculado ao [[Partido Galeguista de Pontevedra|Partido Galeguista]], participou nas campañas de apoio ao [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de 1936]], para o que realizou un cartel propagandístico.
 
Inscribiuse no ámbito da pintura paisaxística de tradición romántica. A súa obra caracterízase pola preocupación polos efectos lumínicos e atmosféricos a calidade e a importancia do debuxo e a ausencia de figuras humanas. A partir dos anos cincuenta dirixiuse cada vez máis a representar o eu interior, aínda que sempre a través da paisaxe, sendo moi meticuloso na realización.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Luis Pintos Fonseca, 1906 - 1959|nome= |apelidos= |ligazónautor= |coautores= |ano= 1991|editor= Museo de Pontevedra|localización= Pontevedra}}
* "PINTOS FONSECA, Luis" en ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''.
=== Ligazóns externas ===
* [http://pintura.aut.org/SearchAutor?Autnum=16.749 Obras en Ciudad de la pintura]
* [http://coleccion.abanca.com/es/Coleccion-de-arte/Artistas/ci.Luis-Pintos-Fonseca.formato7 Colección de Arte Abanca]
 
{{ORDENAR:Pintos Fonseca, Luis}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Pintores de Galicia do século XX]]
 
[[Categoría:Ilustradores de Galicia]]
 
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]
[[Categoría:Nados en 1906]]
393.002

edicións